CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2011 Centro Calvo Sotelo (A Coruña), do 3 ó 30 DE XULLOPara rapaces e rapazas
de 9 a 13 anos DEPORTES: Golf, vela de cruceiro, tenis e voleipraia INSCRICIÓNS: NO TEU CONCELLO CON DATA LÍMITE O 4 DE XUÑO
O Concello realizará un sorteo público diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación. INFORMACIÓN Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña
Web da Deputación da Coruña: www.dicoruna.es
Tel.: 981 080327 (Fax: 981 080304)
No teu concello QUENDAS 1ª Do 3 ó 9
de xullo Ferrol, Narón, As Pontes de García
Rodríguez, Ortigueira, Cariño, Mañón,
Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Moeche,
San Sadurniño, Neda, Mugardos, Fene,
A Capela, Ares, Cabanas, Pontedeume,
Vilarmaior, Miño, Monfero, Irixoa,
Bergondo, Paderne, Coirós, Aranga,
Curtis, Oza dos Ríos. 2ª Do 10 ó 16
de xullo A Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo,
Oleiros, Sada, Betanzos, Sobrado dos
Monxes, Melide, Abegondo, Ordes,
Frades, Boimorto, Toques, Santiso,
Arzúa, Cesuras, Mesía, Oroso. 3ª Do 17 ó 23
de xullo Carballo, A Laracha, Malpica,
Ponteceso, Cabana de Bergantiños,
Coristanco, Laxe, Zas, Vimianzo, Muxía,
Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión,
Tordoia, A Baña, Negreira, Outes, Muros,
Carnota, Santa Comba, Mazaricos, Val
do Dubra, Trazo, Cerceda, Carral. 4ª Do 24 ó 30
de xullo Santiago, Ribeira, A Pobra do Caramiñal,
Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón, Teo, Vedra,
Boqueixón, O Pino, Touro, Ames, Brión,
Noia, Rois, Lousame, Porto do Son. ACTIVIDADES Actividades deportivas preferentes: Golf. Practicarase nun campo regulamentario de 9 furados. Tres xornadas.
Vela de cruceiro. Dúas xornadas en barcos de 7 ou máis metros de eslora. Actividades deportivas comprementarias: Tenis pista.
Voleipraia.
Olimpíadas da paz, xogos cooperativos, xogos de praia… Actividades relacionadas co medio natural: Estudo do ecosistema mariño das nosas rías. Problemáticas actuais. Actividades culturais: Visita á centros de interese cultural na comarca e na
cidade da Coruña. DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ Documentación. Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello: 1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. INFORMACIÓN XERAL DEPORTES: golf, vela de cruceiro, tenis, voleipraia. LUGAR: A Coruña ALOXAMENTO: Colexio Calvo Sotelo da Coruña. DURACIÓN: de domingo a sábado. QUENDAS:
1ª quenda, do 3 ó 9 de xullo.
2ª quenda, do 10 ó 16 de xullo.
3ª quenda, do 17 ó 23 de xullo.
4ª quenda, do 24 ó 30 de xullo. INCORPORACIÓN: domingo pola tarde. REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo. DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos COTA DE INSCRICIÓN: 85€ que se ingresarán na conta que determine a Deputación, facendo constar “Campamento deportivo Deputación da Coruña”. Notificarase despois do sorteo que realice o concello entre os solicitantes. INCLÚE: transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo. Avisarase nos concellos dos puntos de recollida e entrega dos participantes coa antelación suficiente. HORARIO XERAL 8.00 Erguerse
9.00 Almorzo
10.00 Práctica deportiva regular
14.00 Xantar
16.30 Obradoiros e actividades deportivas
18.00 Merenda
18.30 Xogos e deportes
21.00 Cea
22.00 Noitadas culturais
23.30 A durmir. Silencio EQUIPO RECOMENDADO Roupa interior, pixama.
Roupa de rúa, pantalón, camisas, camisetas…
Equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño).
Toalla de baño.
Útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante.
Cantimplora.
Gorra e gafas para o sol.
Crema protectora (mínimo factor 15).
Chuvasqueiro.
Mochila.
IMPORTANTE: o material propio das actividades deportivas
(ferros de golf, raquetas de tenis, pelotas, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.Fonte dicurona.es
[+]info:
http://corunacity.com
