|
Barrio dos Mallos
|
| (12/04/07) escrito por jose |
O movemento veciñal vai pasando pouco a pouco á modernidade. Nos últimos tempos naceu a "blogosfera veciñal coruñesa", na que algúns veciños da cidade decidiron colocar un lugar de reunión na rede para intentar chegar mellor á xente. Uns o fixeron en modo web habitual e clásica, en cambio, outros decidíronse por crear blogs sobre o seu vecindario.
Nese punto estamos nos, os Administradores e creadores do Blog Barrio dos Mallos, cuia dirección é http://osmallos.blogspot.com
Este é un blog particular sobre o Barrio Sagrada Familia-Os Mallos-Estación na Coruña. Ante a case nula presencia do Barrio en internet, decidímonos a iniciar este camiño buscando ser un lugar de encontro e participación dos veciños do barrio, sen máis obxectivo que mellorar a información existente sobre o barrio. E se de algunha maneira, este blog pode servir para axudar en algo o barrio, benvido sexa. O Barrio, que existe como tal dende os anos 50, ten uns 35.000 veciños.
A Administración do Blog dos Mallos non somos ninguna asociación de veciños nin representamos a ninguén, únicamente somos veciños do barrio que colocaron as ferramentas necesarias para que o barrio Sagrada Familia, Os Mallos, Estación teña un rincón na rede de información e utilidade para os demais veciños.
Todos aqueles que sexades veciños das zonas descritas, non dubidedes en entrar no blog e participar, pois deso se trata. E se queredes colaborar máis activamente, poñédevos en contacto con nós. Os que non sodes veciños estades invitados igualmente a visitarnos e participar coas vosas opinións, o blog tamén servirá para que coñezades mellor o barrio.
Un Saúdo a todos!!! Votar favorito (58) | Visto: 2735
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
| [Volver] |