| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (743 art.) | |
| Antonio (283 art.) | |
| anxo (184 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (122 art.) | |
| gelines (72 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| A Coruña y el gallego |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 22/11/06 | ||||||
Leemos en la web municipal que el ayuntamiento anuncia la concesión de la medalla de oro de la ciudad a la Real Academia Galega.La noticia aparece redactada totalmente en gallego y esto tiene su guasa, puesto que la web usa como idioma predeterminado el castellano, además: ¿se potencia el uso del gallego desde nuestro ayuntamiento?. ¿Algún funcionario habla en gallego?. ¿Se redactan los documentos en gallego?.¿Alguien ha visto algún bando municipal en gallego?. Hipocresía. ¡Mira que no hay a quien dar medallas!. Podeis leer la noticia - broma a continuación. O alcalde levará a proposta á próxima Xunta de Goberno, co obxectivo de que se aprobe no pleno do mes de decembro. Así, a Medalla de Ouro servirá como colofón aos diversos actos e recoñecementos protagonizados pola Real Academia Galega ao longo deste ano co gallo dos seus cen anos. Para o alcalde, este recoñecemento é unha mostra máis do forte vínculo que existe entre a institución e o Concello, materializado con axudas e diversas actuacións conxuntas. Javier Losada destaca que esta distinción amosa o compromiso da cidade cos sinais de identidade galegos e o apoio de todos os coruñeses ao traballo protagonizado por esta institución que forma parte da historia coruñesa. Nesta liña, o alcalde lembrou a constante presenza de alcaldes na directiva da entidade, que sempre mantivo a súa actividade superando momentos difíciles co obxectivo de defender as identidades lingüísticas. Por último, sinalou o orgullo da cidade por ser sede da centenaria Real Academia Galega. A Real Academia Galega foi fundada na cidade, na que ten a súa sede, no 1906. É unha institución dedicada á defensa e promoción da cultura galega, con especial atención ao idioma galego. Sen dúbida, é a institución cultural máis prestixiosa de Galicia pola súa representatividade e natureza histórica. A RAG é unha entidade que proxectou e proxecta cara ao futuro o noso patrimonio cultural, de especial vinculación coa intelectualidade da cidade. Dentro das diferentes actividades que promove para o fomento da cultura galega, destacan o Boletín da Real Academia Galega, unha das publicacións máis prestixiosas de Galicia e que contou ao longo dos anos con colaboracións das personalidades máis ilustres da nosa cultura; e o Dicionario da Real Academia Galega. Ademais, desde o ano 1963, a RAG é a impulsora da celebración do Día das Letras Galegas, que supón o recoñecemento de Galicia aos nosos escritores e ás súas obras. Ao longo da súa historia, a Real Academia contou sempre co apoio do Concello, onde tivo a súa sede. Votar favorito (90) | Visto: 16018
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |