Mapa del sitio | Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (742 art.) | |
| Antonio (280 art.) | |
| anxo (184 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (122 art.) | |
| gelines (71 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| O Castelo de Pambre: outro Ben de Interese Cultural que permanece pechado ao público |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 29/08/08 | ||||||
Situado nun escarpado rochedo na
gorxa do río Pambre ten do outro lado o castro de Remonde. Este
monumento do século XIV é un dos poucos castelos que os irmandinhos
deixaran en pé cando a revolta da “Fusquenlla”. Mais na actualidade,
pemanece pechado todos os días do ano e o seu estado é bastante
calamitoso, embora se encontren os muros aínda en pé. Nestes comezan a
aparecer perigosas fendas que poden pór en perigo a fortaleza. As
almeas faltan, na súa maioria, e as hedras medran polas paredes. Os arredores non están mellor coidados. Esqueletes de invernadoiros abandoados ocupan unha gran finca veciña. O Castelo foi declarado Ben de Interese Cultural. Porén a porta fica pechada para os muitos visitantes que por alí se achegan. Só un can ladra fero tras dela. A Plataforma Social pola Defensa do
Alto Ulla ven organizando dende hai 5 anos esta marcha reinvidicativa,
en colaboración con ADEGA, coa finalidade de incorporar o castelo á
sociedade por ser este un dos iconos de promoción da comarca da Ulloa e
de Galiza. O
obxectivo seria recuparar o castelo para diferentes usos, como
encontros, conferenzas, cursos de verao, aulas da natureza, etc. que
poñan en valor todo o riquísimo patrimonio da Ulloa. Ao
ter sido declarado BIC existe a obriga de abrilo ao público 4 veces por
més. Dende a Dirección Xeral de Patrimonio xa se reclamou ao dono que
cumprise con este condicionante, contemplado na Lei de Patrimonio,
previos os necesarios requisitos previstos na lei como o de amparo
económico etc. Poderían xerarse varios postos de traballo para o
coidado e preservación do Ben, que fariín deste monumento un ben
sustentábel, económicamente falando, alén do beneficio para a sociedade
que a súa apertura pode representar. Mais
agora,o tempo está a gañar a batalla á conservación. Canto máis pase
sen nós reaccionar peor estará. Que o que non fixeron os Irmadinhos non
o vaia facer o abandono e o tempo! Plataforma pola Defensa do Alto Ulla. Veciños e Asociacións da Comarca. ADEGA Publicado en adega.info Votar favorito (27) | Visto: 5454
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |