|
O lider do BNG Anxo Quintana, aposta fronte á crise, por seguir dando cartos ás constructoras |
|
|
|
|
escrito por El enterrador
|
|
22/09/08 |
Pos si, lestes ben, é o lider do BNG, Anxo Quintana o que aposta, fronte á crise, por construír máis vivenda protexida que responda á demanda dos cidadáns e que xere carga de traballo para as empresas do sector. Que manía con meterlle os cartos no peto ás constructoras, coño!!! Que un promotor/constructor a cada piso sácaballe ata o de agora un 30% de beneficio, ou somos agora todos lelos?. Os constructores+promotores+bancos+inmobiliarias que se toquen o carallo nestes momentos!. Tratemos de crear emprego, pero non regalando os cartos a quen xa os gañou a saco, e se encargou nestes anos de pasar o prezo dun piso acabado dende os 100.000 ata os 300.000 €. Piso que agora temos que pagar de por vida os cidadáns. Tanto espabilado na Xunta e no Goberno, e non se vos ocurre reducir impostos?. Non sexa que de pensar vos quededes calvos! E se non sabedes que facer cos cartos, pois retirádevos da política e deixade a quen saiba!!! Este é o link á web da Xunta na que aparece a nova. http://novas.xunta.es/node/11540
Votar favorito (14) | Visto: 569
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |