|
Fóra a relixión das escolas que estropea a xuventude |
|
|
|
|
escrito por El enterrador
|
|
04/02/08 |
Si, fora, lume con ela. Para que se quere a relixión, e o latín, a literatura, o arte, a historia, os idiomas se non imos saír ó estranxeiro, ou incluso saber escribir correctamente. Que máis dá quen fora Platón, Aristóteles, ou onde queda Xapón. Démoslle ós rapaces sustitutos da relixión: tv, móvil, ordenador, preservativos e botellón. E que non se preocupen, que aínda que suspendan seis, pasan de curso igual. Deus non existe, e parece mentira que en dous mil anos dende a morte de Xesucristo, se é que esistíu, tanta xente ó longo da historia estivera tan equivocada; panda de inocentes!. A relixión católica fai moito dano nas escolas, total só enseña a amar, convivir, perdoar, compartir, ... Para que queremos que os nosos fillos aprendan iso?. Se o teñen en Internet! Pois eu digo: a relixión na escola non fai mal ningún. Que a fagan voluntaria eso si, e o que queira que a colla e o que non, que estude "educación para la ciudadanía", que de seguro vai estar mellor formado na vida e na fe. Hai non, que a fe tampouco fai falla.
Votar favorito (40) | Visto: 1166
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |