Te proponemos una serie de enlaces web, blogs, photoblogs, metroflog... de nuestra localidad.
Nos ha parecido interesante desde esta web, incluir los enlaces más atractivos, útiles o divertidos que hemos encontrado.
y lo incluiremos a la mayor brevedad.
|
Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorio |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
17/02/08 |
Unhas
10.000 persoas acudiron á convocatoria do movemento Galiza Non Se Vende
para manifestarse contra a destrución do territorio. O acto encheu as
rúas de Compostela e a Praza da Quintana na que se leu o comunicado
final.Dende hai moitos anos non se lembraba en Compostela unha marcha
tan multitudinaria como a de hoxe. O ano pasado, o mesmo movemento,
denominado Rede Litoral vivo, logrou convocar a 4000 persoas baixo o
lema “Galiza non se vende”. As reivindicacións tiveron como denominador
común a defensa do territorio galego, ameazado por innumerabeis
proxectos que, lonxe de procurar riqueza, esquilman os recursos
naturais. Durante o traxecto, festivo e reivindicativo, os
representantes de Burla Negra, paroriando aos membros do goberno,
rebautizaron diversas rúas da cidade: rúa do doutor Tojeiro, rúa do
Villar Mir, rúa do Bipartito… os asistentes procedían de toda Galiza.
Das vilas mariñeiras sobre as que pende a ameaza das piscifactorias; do
Courel; Lugo; Ferrol e Mugardos, sempre fieles á cita; Pontedeume;
Ortigueira; o Ribeiro e un longo etcétera. Durante a lectura do
manifesto houbo unha sentida homenaxe a Carmelo Teixeira, recentemente
fallecido e fundador do Comité de Emerxencia contra a planta de gas na
ría de Ferrol. Mais info: www.galizanonsevende.org
Votar favorito (40) | Visto: 1951
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |