|
Concurso internacional para elixir o cartel oficial do Festival Ortigueira 2008 |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
29/02/08 |
O Festival Ortigueira convoca un concurso creativo para seleccionar o cartel oficial que servirá de imaxe da edición 2008 da cita folk, que se desenvolverá os días 10, 11, 12 e 13 de xullo. A obra elixida utilizarase nas campañas de publicidade exterior do certame e adaptarase tamén para os diversos elementos do merchandising. O prazo para a entrega dos carteis inéditos (montados a sangue en cartel pluma ou en soporte ríxido de 50 x 70 cm, formato vertical) será do 24 de marzo ao 4 de abril. A cuantía do premio é de 6.000 euros Haberá que presentalos na Casa Consistorial de Ortigueira ou envialos por correo ordinario ao Concello de Ortigueira (praza de Isabel II s/n, 15.330 Ortigueira) coa referencia "Concurso Cartel Festival Celta 2008". www.festivaldeortigueira.com
Votar favorito (44) | Visto: 13691
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 29/02/08 )
|