02/12/08Inicio

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (742 art.)
Antonio (280 art.)
anxo (184 art.)
arrevoire (3 art.)
censuras (22 art.)
charliepujol (1 art.)
El enterrador (122 art.)
gelines (71 art.)
osmallos (3 art.)
paco (20 art.)
san benito (3 art.)
sandra (5 art.)
Thor (12 art.)

Webs amigas

 


Google

O CLAG convoca o 8 de maio na Coruña a IV edición do Pitching europeo "I+P, ideas para producir 2008 PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
03/03/08
O Clúster Audiovisual Galego, CLAG, en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, abre a convocatoria ata o 14 de abril da cuarta edición do Pitching Europeo "I+P, ideas para producir 2008" que se celebrará o vindeiro 8 de maio en Caixa Galicia de A Coruña, e que permitirá a produtoras e guionistas presentar os seus proxectos ante as principais empresas do sector audiovisual galego e de produtoras e distribuidoras de outros lugares de España e do resto de Europa.

O pitching é un foro de reunión no que entran en contacto produtores de ideas con potenciais compradores das mesmas. Por iso, o CLAG organiza esta cuarta edición de "I+P, Ideas para Producir" para reunir, por unha banda, a empresas ou participantes individuais que buscan alianzas empresariais para a coprodución dos seus proxectos audiovisuais e, por outra banda, a empresas, produtoras e distribuidoras interesadas en participar na produción, distribución e comercialización dos proxectos presentados.

As tres edicións celebradas ata o de agora caracterizáronse polo elevado nivel técnico dos proxectos seleccionados e contaron cun auditorio de importantes canles de televisión, institucións públicas e empresas produtoras e distribuidoras do sector en España e en Europa. De feito, as longametraxes "Mía Sarah", de Formato Producciones, "O neno de barro" de Adivina Producciones e "Abrígate" de Continental son filmes que saliron das edicións I+P celebradas anteriormente. A convocatoria para a presentación de proxectos audiovisuais está aberta en dúas categorias: ficción (longametraxe, tv movies, serie tv, animación) e non ficción (documentais).

Poderán participar empresas asociadas ao CLAG, empresas non asociadas e guionistas, produtores ou directores a título individual. Os solicitantes só poderán presentar un proxecto á exposición e a duración de cada exposición será de 15 minutos. As empresas asociadas participarán, por dereito propio, cun proxecto por empresa. Asemade tanto os proxectos presentados por empresas non asociadas como os proxectos dos guións de guionistas, produtores e directores a título individual, someteranse a unha selección que levará a cabo unha comisión proposta polos socios de CLAG.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 14 de abril e a lista definitiva dos proxectos participantes e o programa coa distribución horaria das presentacións publicaranse o 28 de abril. O formulario de inscrición e os documentos do proxecto deben ser enviados en formato electrónico ao seguente enderezo de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

Os interesados poden descargarse o formulario de inscrición aqui e consultar a convocatoria.
Fonte www.clusteraudiovisualgalego.com


Votar favorito (40) | Visto: 14065

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons