|
Estes días no Faro de Vigo había unha nova ATERRADORA,
o goberno galego quere que “profesionais” (por chamalos dalgunha
maneira) de países non comunitarios exerzan a sanidade sen homologar o
título. De todos é sabido que en moitos países de latinoamerica podes
comprar desde o carnet de conducir ata o título universitario, de feito
moitos coñecemos de casos de xente que foi sacar o título de
odontoloxía e outros por esas latitudes porque era moito máis “sinxelo”.
Agora os intelixentes dos nosos gobernantes queren que a xente con
título (a saber como o conseguiron) exerza a sanidade cos galegos.
Seguro que eles non van ser atendidos por eles, que seguro que chegado
o caso irán a Navarra ou Houston. Igual que pasa cos fillos, moita
educación pública e logo os mandan ás privadas de Madrid e no
estranxeiro.
Antes “expulsamos” aos profesionais de aquí que teñen que traballar
en Portugal, UK, etc e agora ¿témolos que importar? Sen garantías de
que teñan os coñecementos profesionais que din ter. E os queren poñer a
exercer a medicina sen facer homologacións, nin exames, nin nada. Vou a
empezar a pensar que algún político de turno sacou algún amante de fora
e o quere traer a currar, senón non se entende.
Non estou de acordo cando din que un médico do Salvador ou de Cuba é
peor. Ao mellor ata están mellor formados. Pero a formación que
reciben é para os problemas sanitarios que van a atopar na súa área,
que son moi diferentes dos que poden atopar aquí en Galicia. Ese tipo
de comentarios en plan nós os médicos de aquí somos a repera, non son
moi acertados. É certo que hai compra-venda de títulos, pero a xente
que obtén o título legalmente, pola experiencia persoal que teño (e
familiar) está MOITO mellor formada que xente de aquí. Lembro un
comentario que lle fixo un profesor da facultade aquí en SAntiago lle
fixo a miña moza, que é latinoamericana e profesional da sanidade,
dicíndolle bueno estos productos no los conoceréis allá en la selva.
Cando ela levaba usando alá “na selva” uns máis modernos desde hai anos
e que logo meses despois chegaron aquí. Non debemos esquecer que moitos
deses países que consideramos tercermundistas, moitos dos seus
profesionais están formados en USA e nas mellores universidades do
mundo.
Non, non é contradictorio co que penso, SI hai moi bós profesionais
de fora, incluso mellores que os de aquí (igual que os hai peores), e
de feito suelen estudiar por vocación e non pola pasta ou por ser
fillos de… como aquí. Pero tamén é certo que hai moitos que “compran”
os títulos. Por iso temos que garantir a nosa saúde, e non actúar á
lixeira.
¿Estes son os políticos que queremos para dirixir o noso país? EU DIGO NON. Artigo orixinal de nuncamais.org
Votar favorito (43) | Visto: 2085
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |