03/12/08Inicio arrow Webs útiles

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (743 art.)
Antonio (281 art.)
anxo (184 art.)
arrevoire (3 art.)
censuras (22 art.)
charliepujol (1 art.)
El enterrador (122 art.)
gelines (72 art.)
osmallos (3 art.)
paco (20 art.)
san benito (3 art.)
sandra (5 art.)
Thor (12 art.)

Webs amigas

 


Google
Generalmente estamos navegando. Cuando encontramos algun sitio interesante lo listamos aquí para que también lo disfrutes.
Selecciona el tema que más te interese de esta lista y escoge el sitio Web que quieres visitar.
. Si conoces alguna web interesante que quieras dar a conocer haz clic AQUI (deberás de estar registrado primero) o solicítanos un nuevo tema a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla y en unas horas será incluído.

Axudas a estudantes universitarios para a asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Administrator   
06/03/08
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ao alumnado universitario matriculado nunha das tres universidades do sistema universitario de Galicia durante o curso 2007/2008 e destinadas a sufragar parte dos gastos ocasionados pola asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares relacionados coas materias obxecto de estudo na titulación cursada.


Información: Diario Oficial de Galicia de 5 de marzo de 2008

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas durante o curso académico 2007/2008.

Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2007/2008, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, no derradeiro curso dunha titulación de primeiro ciclo; no segundo ciclo de titulacións de ciclo longo, na etapa de formación do terceiro ciclo, ou nun programa oficial de posgrao conducente ao título de máster.

b) Atoparse matriculado, nos plans de estudos estruturados por créditos, polo menos, en 50 créditos, ou nos que restan para adquirir a titulación.

c) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 1 punto. No caso de alumnos de ensinanzas técnicas, a nota obtida polo alumno multiplicarase por un coeficiente corrector de 1,35 puntos.

d) Asistir a un congreso, seminario, simposio ou similar, organizado por universidades públicas, privadas ou outras institucións de recoñecido prestixio académico no que se traten aspectos relacionados coas materias obxecto dos estudos que están a realizar.

e) Que as actividades teñan unha duración mínima de 24 horas acreditadas pola entidade organizadora.

As solicitudes, segundo o modelo que se publica como anexo convocatoria, asinadas polo/a solicitante poderán presentarse:

a) No rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

b) Nos rexistros oficiais das universidades do sistema universitario de Galicia.

c) Nas oficinas de correos, en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo/a funcionario/a de correos antes de que proceda á súa certificación postal.

Informacion axunta

Ver convocatoria no DOG

xuventude.net

Votar favorito (45) | Visto: 14049

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons