|
IV premio Castelado de Banda Deseñada Deputación da Coruña |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
06/03/08 |
Poderán participar aqueles que o desexen, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten narracións en banda deseñada inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en galego, cun máximo de dous autores por obra (un como guionista e outro como debuxante). O premio está dotado con 6.500 €. A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, mantendo o autor ou autores os dereitos para a posible edición da obra noutras linguas que non sexa a galega. Así mesmo, cos traballos orixinais formarase unha exposición de carácter itinerante. A temática será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias. Extensión mínima 48 páxinas e máxima 64. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de maio de 2008 e deberán enviarse á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre “IV Premio de banda deseñada “Castelao”. Bases da convocatoria.
Votar favorito (36) | Visto: 4045
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |