03/12/08Inicio arrow Calendario de eventos

Tamaño letra

A+ | A- | Reset

Usuarios

Ads by Google

Recomendamos

Webs útiles Webs útiles

Escriben

admin (743 art.)
Antonio (281 art.)
anxo (184 art.)
arrevoire (3 art.)
censuras (22 art.)
charliepujol (1 art.)
El enterrador (122 art.)
gelines (72 art.)
osmallos (3 art.)
paco (20 art.)
san benito (3 art.)
sandra (5 art.)
Thor (12 art.)

Webs amigas

 


Google

VIII Certame de Creación Literaria Terra de Melide e o V Certame de Investigación PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Antonio   
14/03/08
Este sábado 15 de marzo remata o prazo para a presentación de obras participantes no Certame de Creación Literaria Terra de Melide, que xa vai pola oitava edición. Tamén o sábado é o último día para recoller orixinais na categoría de traballos de Investigación, unha variante que chega este ano á súa quinta edición.

Ata este momento, e tendo en conta que aínda poderán recibirse obras por vía postal, presentáronse xa preto de vinte orixinais. O Certame Literario Terra de Melide establece nas súas bases que se presentará unha única obra narrativa, novela ou relato, por persoa, escrita en lingua galega, e cunha extensión superior ás setenta páxinas. O premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra na Editorial Xerais, amais de conceder ao gañador ou gañadora o 10% do ingreso das vendas futuras. Na edición do ano pasado, o gañador do primeiro premio foi Xesús Manuel Marcos, nado na localidade luguesa de Seoane do Courel, cunha obra titulada A lúa dos everglades.

O día escollido para dar a coñecer o fallo do xurado, tanto para a modalidade de creación literaria como para o de investigación é o 7 de xuño, data simbólica para a cultura melidense, dado que foi ese día, do ano 1933, cando saíu do prelo o libro Terra de Melide, editado polo Seminario de Estudos Galegos para a Editorial Nós. Esa primeira edición, que agora cumpre 75 anos, será a pedra angular dun amplo programa de actividades deseñado polo Concello de Melide. Dentro deste programa, amais de darse a coñecer o nome das obras gañadoras dos Certames de Creación Literaria e Investigación, Melide acollerá os actos de homenaxe ao escritor melidense Xosé Vázquez Pintor, como escritor do ano, unha condecoración feita pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e que encherá a nosa vila de actos culturais e representantes da cultura e das institucións galegas máis representativas.

Certame de Investigación Terra de Melide

Tamén este sábado remata o prazo para presentar nas oficinas do Concello as obras participantes no Certame de Investigación Terra de Melide. Estes traballos deberán versar sobre Melide e a súa comarca, e recoller estudos sobre o ámbito da filoloxía, o marco histórico, científico, etnográfico, arquitectónico ou biolóxico da Terra de Melide. Neste caso, o premio para o gañador será de mil euros, e a publicación da obra por parte do Concello.
A concelleira de Cultura, a nacionalista Conchi Castro, amosou “o apoio decidido por parte do Concello a este certame, e dun xeito moi especial á recuperación do certame de investigación, que permitirá sacar á luz novas obras e coñecementos da nosa bisbarra”.

Concello de Melide


Votar favorito (39) | Visto: 4313

Comentarios
RSS de los comentarios

Escribir Comentario
  • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
  • Lenguaje inapropiado será borrado.
  • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
  • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
Nombre:
E-mail
Sitio Web
Título:
Comentario:



Código:* Code
Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

 
< Anterior   Siguiente >

Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
  by Boboras. Licencia Creative Commons