Semanalmente iremos incluyendo nuevas encuestas de lo más variopinta. Esperamos tu colaboración. :-)
|
Bolsas Turismo de España 2008 para estranxeiros |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
14/03/08 |
Convócanse 25 bolsas «Turismo de España» 2008, para estranxeiros, para realizar estudos de posgrao sobre materias turísticas en universidades ou centros de recoñecido prestixio españois.
Os cursos, que se realizarán en España, serán propostos polos solicitantes e deberán versar sobre algunha das seguintes materias, sempre que estean relacionadas co turismo: Dereito, Urbanismo, Medio Ambiente, Produtos Turísticos, Calidade, Formación, Transportes e Tecnoloxías turísticas.
Os cursos realizaranse en centros oficiais ou oficialmente recoñecidos e deberán ter a consideración de estudos de terceiro ciclo
Requisitos dos solicitantes: Estar en posesión dunha nacionalidade estranxeira no momento da solicitude da bolsa.
Titulación: Poderán optar a estas bolsas os licenciados superiores universitarios e Técnicos ou Diplomados de Empresas e Actividades Turísticas ou titulacións equivalentes.
As persoas interesadas poderán presentara as solicitudes ata o 31 de marzo de 2008.
Máis información no BOE do 10 de marzo de 2008 e en www.sgt.tourspain.es Votar favorito (40) | Visto: 13573
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |