| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (743 art.) | |
| Antonio (281 art.) | |
| anxo (184 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (122 art.) | |
| gelines (72 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 14/09/08 | ||||||
|
Os impresos de solicitude están dispoñibles nos servizos provinciais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e na páxina web http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp. Estes poderán presentarse nos rexistros das delegacións provinciais da consellería, ou ben a través da páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/. Para a presentación das solicitudes por escrito é necesaria a sinatura e a copia do DNI de cada membro, mentres que nas telemáticas débese introducir o número de DNI e o da licenza de pesca fluvial (a vixente ou calquera de anos anteriores). A admisión das solicitudes poderá consultarse a través da páxina web coa introdución do DNI. Ademais, aqueles que non figuren nas listas terán un período de reclamación do 15 ao 27 de outubro. Os admitidos poderán participar no sorteo de permisos de pesca, que se realizarán o 14 de novembro ás 12:00 horas nos servizos provinciais de Conservación da Natureza. Para a elección de permisos, os servizos provinciais establecerán grupos de coutos. A listaxe dos mesmos estará exposta no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais e na web. Unha vez escollidos os permisos, os sobrantes e non retirados nos prazos fixados para elo serán incluídos nun segundo proceso de escolla, que se realizarán unicamente a través da web; e os sobrantes deste proceso serán postos á venda libre nos servizos provinciais de conservación ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cada couto de pesca. No prazo de 10 días naturais contados dende a data da escolla, os permisos seleccionados deberán ser pagados e recollidos no servizo provincial. Vía xunta.es Votar favorito (62) | Visto: 4844
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 14/09/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |