| Ofertas de empleo |
Webs útiles |
| admin (743 art.) | |
| Antonio (281 art.) | |
| anxo (184 art.) | |
| arrevoire (3 art.) | |
| censuras (22 art.) | |
| charliepujol (1 art.) | |
| El enterrador (122 art.) | |
| gelines (72 art.) | |
| osmallos (3 art.) | |
| paco (20 art.) | |
| san benito (3 art.) | |
| sandra (5 art.) | |
| Thor (12 art.) |
| Axudas a estudantes universitarios durante o periodo de estudos noutra universidade |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 31/03/08 | ||||||
|
O Ministerio de Educación e Ciencia puso en marcha o programa de bolsas "Seneca", consistente en facilitar axudas económicas ós estudantes universitarios para cubrir os gastos de desprazamento e estancia durante o periodo de estudos noutra universidade, aplicando a experiencia derivada da aplicación do Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS) como instrumento de referencia. Requisitos: -poderán acollerse a este programa os estudantes matriculados en Universidades públicas españolas ou en centros de educación superior, e teñan obtido unha praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2008-2009. -ter superados na súa universidade de orixen como mínimo a mitade das asignaturas do primeiro curso da titulación en diplomaturas e enxeñerias técnicas e o equivalente ao curso e medio en licenciaturas, enxeñerias ou arquitecturas, e estar matriculados en no menos da mitade de asignaturas do equivalente a un curso académico. -ter unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 1,50 para as titulacións de Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias Experimentais e Ciencias da Saúde, e de 1,20 para as titulacións Técnicas. Dotación: as bolsas terán unha contía de 500 euros mensuais. Se concederá unha axuda de viaxe única de 120 euros a cada beneficiario. Para os estudantes que se desplacen desde as Universidades situadas en comunidades autónomas insulares, así como desde ou as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, esta axuda de viaxe será de 200 euros. O prazo para solicitar este tipo de axudas finaliza o 08 de abril de 2008. Máis información: www.mec.es/universidades/seneca/index.html Fonte xuventude.net Votar favorito (46) | Visto: 4302
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML |