|
Axudas a estudantes universitarios durante o periodo de estudos noutra universidade |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
31/03/08 |
O Ministerio de Educación e Ciencia puso en marcha o programa de bolsas "Seneca", consistente en facilitar axudas económicas ós estudantes universitarios para cubrir os gastos de desprazamento e estancia durante o periodo de estudos noutra universidade, aplicando a experiencia derivada da aplicación do Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS) como instrumento de referencia.
Requisitos:
-poderán acollerse a
este programa os estudantes matriculados en Universidades públicas
españolas ou en centros de educación superior, e teñan obtido unha
praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2008-2009.
-ter
superados na súa universidade de orixen como mínimo a mitade das
asignaturas do primeiro curso da titulación en diplomaturas e
enxeñerias técnicas e o equivalente ao curso e medio en licenciaturas,
enxeñerias ou arquitecturas, e estar matriculados en no menos da mitade
de asignaturas do equivalente a un curso académico.
-ter unha
nota media no seu expediente académico igual ou superior a 1,50 para as
titulacións de Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias
Experimentais e Ciencias da Saúde, e de 1,20 para as titulacións
Técnicas.
Dotación: as bolsas terán unha contía de 500 euros
mensuais. Se concederá unha axuda de viaxe única de 120 euros a cada
beneficiario. Para os estudantes que se desplacen desde as
Universidades situadas en comunidades autónomas insulares, así como
desde ou as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, esta axuda de viaxe
será de 200 euros.
O prazo para solicitar este tipo de axudas finaliza o 08 de abril de 2008.
Máis información:
www.mec.es/universidades/seneca/index.html
Fonte xuventude.net
Votar favorito (45) | Visto: 3441
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |