|
Vivamos coma galegos pero morramos coma bichos |
|
|
|
|
escrito por El enterrador
|
|
31/03/08 |
Vivamos coma galegos é un slogan publicitario que mola, pero máis mola o sentido de humor do Sergas. Por unha simple ecografía xinecolóxica hai que esperar todo un ano, por unha gastroscopia con sedación, un ano e medio. E eso ata onde eu coñezo, porque me afectan. A sanidade xa non é o que era; agora os médicos cobran tal caca que teñen que emigrar a Portugal para que os respeten; e onde antes había papelotes, agora hai ordenadores dual core, con pantalla TFT e Juindous XP instalado; e total para unha simple aplicación que corría perfectamente nun Pentium I con 64 Megas de Ram.
Pero eso sí, as listas de espera siguen e seguirán en espera por moito tempo. Parece que cambiar PCs non soluciona o problema da falta de dirección, e de cartos que precisa a sanidade, sobretodo para unha poboación, cada vez máis envellecida. Os políticos coma sempre, traxeados, con seguros privados e ríndose de nós.
Que calamidade é a nosa sanidade pública, ou que simpática, segundo como se mire.
Votar favorito (45) | Visto: 1277
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |