Regístrate y envía artículos, noticias, anuncios, fotos... Colabora enviando cualquier evento que te interese dar a conocer a la comunidad.
|
Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2007-2008 |
|
|
|
|
escrito por anxo
|
|
08/05/08 |
Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cursase en centros docentes españois, tanto de carácter público como privado, os
dous cursos de calquera modalidade de bacharelato e que finalizase estes estudos na Comunidade Autónoma de Galicia no ano académico 2007-2008.
Para poder participar nesta convocatoria será necesario que a media das cualificacións obtidas nos dous cursos sexa igual ou superior a 8,7 puntos. Prazo ata o
5 de xuño de 2008.
Poderase conceder
un máximo de 20 premios extraordinarios. Cada premio estará dotado con 732
€. A instancia e demais
documentación deberá presentarse no instituto de educación secundaria en que se
encontre o expediente académico do/a solicitante, sen prexuízo do disposto no
artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O día 6 de xuño, as direccións
dos institutos de educación secundaria remitirán, por envío urxente, as
solicitudes que estean no seu poder ao Servizo de Avaliación e Calidade do
Sistema Educativo da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación
Educativa.
DOG Nº 87, Mércores
7 de maio de 2008
+info en http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/1DCCA?OpenDocument
Votar favorito (5) | Visto: 105
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 08/05/08 )
|