|
14 de Xuño Día sen bolsas de plástico |
|
|
|
|
escrito por Antonio
|
|
13/06/08 |
Calquer día é bo para dicir NON ás bolsas de plástico.
A
produción e o consumo do plástico é unha das grandes causas de
insostibilidade na actualidade. O estado español é o primeiro produtor
de bolsas de plástico dun só uso en Europa. Os comercios distribúen
10.500 millóns de bolsas (238 por persoa) ao ano, que son unhas 100.000
toneladas de plástico. Ademais a producción de plásticos constitúe o terceiro uso ao que se adica o petróleo.
No marco do actual modelo de consumo insostible, os efectos do uso de
plásticos son altamente perxudiciais para o medio ambiente e para a
propia saúde dos habitantes do planeta. Ademais, a produción de plásticos constitúe o terceiro uso ao que se adica o petróleo,
implicando directamente á industria petrolera e os seus terribles
impactos, que se traducen en guerras, desastres naturais, expoliación
dos recursos dos pobos..
Por unha economía baixa en carbono, non empregues bolsas de plástico e rexeitaas nos comercios que chas ofrezan.
Fonte da nova www.amigosdaterra.net
Votar favorito (27) | Visto: 685
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |