Axuda/Subvención: Trinta prazas de colaboradores bolseiros nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Requisitos dos beneficiarios: Para optar á praza será preciso que concorran ou se acrediten, se é o caso, os seguintes requisitos: a) Ser español, calquera que sexa o título xurídico polo que posúa a nacionalidade española, ou ser nacionais dun país membro da Unión Europea, estranxeiros residentes en España no momento de asinar a súa solicitude. b) Non estar en posesión do título académico que habilita para actividades profesionais, a menos que este título supoña un nivel ou grao inferior ao dos estudos que pretende realizar. c) Ter cumpridos, como mínimo, dezaoito anos. d) Estar inscrito ou matriculado, no curso 2010/2011, nun centro oficial universitario. A distancia do centro universitario ao centro residencial docente en que deberá residir, e os medios de comunicación entre ambos deberalle permitir ao bolseiro o normal cumprimento das súas obrigas. e) O estado de saúde do colaborador bolseiro deberá permitir o normal desenvolvemento na vida docente da residencia. Características da bolsa: A duración da praza concedida comprenderá o período correspondente ao curso escolar 2010/2011. O concesionario da praza de bolseiro non poderá realizar, mentres a desfrute, ningún tipo de traballo remunerado, aínda que poderá facela compatible con outras axudas. Presentación de solicitudes: As solicitudes e a documentación requirida presentaranse, de conformidade cos modelos oficiais normalizados, nas oficinas do Rexistro Único e Información, no complexo administrativo de San Caetano. Tamén se poderán presentar ante calquera outro órgano da Xunta de Galicia, da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio. Prazo de presentación: do 3 de setembro ao 2 de outubro de 2010, ambos incluídos. Publicación: Nº 169, Xoves, 2 de setembro de 2010 Máis Información (Anexos): http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/2FA3A?OpenDocument Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos: Edif. Admtvo. San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). Principal: 981 546 558 Fax: 981 546 542 Telf. 2: 981 546 501
[+]info:
http://corunacity.com