If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

A OSL da UDC organiza un obradoiro de instalación de Ubuntu

Oficina,Software Libre,Install Party,Ubuntu,Facultade,Inform,Facebook,Unity,Lembramos,Traballo,Universidade,Santiago,Compostela,Oficina de Software,Facultade de Inform,Universidade de Ver,OSL da Universidade,Santiago de Compostela,Instal,Software,A Oficina de Software Libre da UDC organiza o vindeiro día 21 de xullo ás 17:00unha Install Party de Ubuntu aberta ao público en xeral na Facultade de Informática da UDC. A OSL pretende deste xeito achegarlle á todos os interesados a nova versión do sistema operativo Ubuntu 11.04.



Durante este obradoiro o persoal da OSL axudará e guiará a todos os asistentes a instalar e configurar nos seus portátiles o sistema operativo Ubuntu 11.04 co fin de amosar o sinxelo que é realizar a instalación e a rapidez coa que é posible comezar a desfrutar de todas as súas capacidades e aplicativos, como o navegador web; o xestor de correo electrónico; comunicación nas redes sociais máis estendidas como Facebook, twiter, ...; suite ofimática; xestión e retoque fotográfico; reprodutor de audio e vídeo, xogos, ... e un innumerable conxunto de aplicativos libres, gratuítos e legais dispoñibles para o seu uso a un simple golpe de rato. Ademais nesta ocasión centraranse en explicar e ensinar o novo contorno de escritorio Unity.

 

Lembramos tamén que todos aqueles interesados en profundar algo máis no traballo con este sistema operativo teñen a opción de se matricular no curso Traballo diario con Ubuntu da Universidade de Verán organizado pola OSL da Universidade de Santiago de Compostela.



Todo aquel que queira coñecer de primeira man o funcionamento de Ubuntu 11.04 sen medo ao descoñecido e da man de expertos na materia non dubide en inscribirse neste obradoiro gratuíto cubrindo o formulario habilitado ao efecto. Só hai 20 prazas dispoñibles que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.



Vía...

[+]info:
http://corunacity.com

326 dias 13 horas 30 minutos 33 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.