Son cinco concertos e unha conferencia. Un percorrido histórico pola música española para guitarra, un monográfico dedicado ao compositor polaco FrederickChopin e tres concertos de música de cámara para dúo de violín e piano (Mozart, Beethoven, Debussy e Lutoslawski), para trío de violín, violonchelo e piano (Mozart, Beethoven, Rachmaninov e Piazzolla) e para trío ou cuarteto con clarinete (Beethoven, Granados e a nova compositora galega Ermitas García Ríos). Para a conferencia, que garante a aportación didáctica do ciclo, contamos con Rosa María Fernández García, doutora en Musicoloxía e ben coñecida e valorada entre nós polas súas intervencións en anos pasados nos cursos de Ópera Aberta.
Na Igrexa da Venerable Orde Terceira, A Coruña, Paraninfo da Reitoría, A Coruña
De outubro de 2008 a febreiro de 2009
Programa: PRIMEIRO CONCERTO: mércores, 22 de outubro de 2008 ás 20.30 h
Cinco séculos de música española para guitarra
INTÉRPRETES: Bernardo García Huidobro, guitarra
LUGAR: Igrexa da Venerable Orde Terceira, A Coruña
SEGUNDO CONCERTO: mércores. 19 de novembro de 2008 ás 20.30 h
O Romanticismo de Frederick Chopin
INTÉRPRETES: Rubén Alvar Fernández, piano
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña TERCEIRO CONCERTO: mércores, 3 de decembro de 2008 ás 20.30 h
Tríos con piano do clasicismo ao século XX
INTÉRPRETES: Trío Moryatov
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña CONFERENCIA: mércores, 14 de xaneiro de 2009 ás 20.30 h O cambio e as transformacións da música até a nosa percepción de hoxendía
Por conta de Rosa María Fernández García, musicóloga
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña CUARTO CONCERTO: mércores, 28 de xaneiro de 2009 ás 20.30 h
Sonatas e dúos para violín e piano
INTÉRPRETES: Alicia Permuy, piano e Ludwig Dürichen, violín
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña QUINTO CONCERTO: mércores, 18 de febreiro de 2009 ás 20.30 h
Entre dous séculos: Tríos e Cuartetos con clarinete
INTÉRPRETES: Cuarteto Mestura
LUGAR: Paraninfo da Reitoría, A Coruña Fonte UDC
[+]info:
http://corunacity.com
