O próximo 12 de xuño a Asociación Gatocán celebrará unha cea-baile co fin derecadar fondos. Será ás 21:30 h. no restaurante As Rodas, situado na Ctra. N-VIN, a 300 mts. da ITV. Pode acudir quen o desexe, pois a cea está aberta a todo o mundo. O prezo do cuberto é de 25 e deberase aboar no número de conta de Caixa Nova: 2080 0531 11 0040001503, indicando o nome e o motivo do aboamento. O prazo para apuntarse finaliza o día 5 de xuño. Transcorrida esta data non poderemos garantir a asistencia, pois se terá pechado xa o número de prazas co restaurante. Haberá menú vexetariano para todos aqueles que leven este tipo de dieta, se ben deben avisarnos con tempo para poder notificalo ao restaurante. Máis información en: asociaciongatocan@gmail.com. A cea está aberta a todo o mundo que queira asistir.Fonte http://gatocan.com
[+]info:
http://corunacity.com
