If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico

Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Requisitos:

1. Cursar durante o curso 2008-2009 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

3. A media das cualificacións dos alumnos e alumnas solicitantes debe ser igual ou superior a 9 puntos.

4. Esta nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.

5. Segundo o establecido nas disposicións adicionais do Decreto 133/2007 polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, para a obtención da nota media non se terá en conta a área de relixión.

Número e características dos premios: 20 premios. O alumnado que resulte premiado recibirá un diploma acreditativo e un ordenador portátil.

 

Realización da proba para obtención do premio: Os aspirantes aos premios extraordinarios ao rendemento académico deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes que valorarán os obxectivos e as competencias básicas acadadas polo alumnado e constará de diversas cuestións coas que deberá mostrar o grao de consecución das competencias social e cidadá, en comunicación lingüística e matemática.

 

Presentación de solicitudes: O alumnado que, reunindo os requisitos indicados, desexe optar aos premios extraordinarios nesta modalidade, deberá solicitalo na Secretaría do centro educativo no que se atope o seu expediente académico.

Prazo de presentación: Do 23 de outubro ao 22 de novembro de 2009.

Publicación: DOG nº 207, xoves 22 de outubro de 2009

Máis Información (Anexos): http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/6261161ee7cc79a9c1257656004391ca/$FILE/20700D011P036.PDF

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Edificio Administrativo San Caetano, s/n  15781 - Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 44 00

Teléfono :981 54 43 76


[+]info:
http://corunacity.com

835 dias 19 horas 20 minutos 3 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.