If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Hortas na cidade dos barrios. Iniciativa para a creación de hortas urbanas no val de Feáns

Buscamos,Feans,Queremos,Novembro,Buscamos recuperar antigas hortas e terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso, contribuíndo así á súa axeitada conservación e mantemento.
A intención é que os propietarios de terras na actualidade sen uso as cedan ou aluguen a persoas de calquera zona da cidade que estean interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Estas pequenas parcelas permitirán o cultivo para autoconsumo así como desenvolver nelas actividades de ocio e educativas.
Queremos explorar así alternativas de futuro para as áreas rurais da cidade A Coruña, para podelas integrar con tódalas súas virtudes dende a perspectiva da cidade e vida contemporáneas.
Se estás  interesado nesta iniciativa acude á presentación que terá lugar o Xoves 26 de Novembro ás 19:30 horas ou busca máis información en:
www.hortasnacidade.wordpress.com

[+]info:
http://corunacity.com

912 dias 14 horas 36 minutos 23 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.