Ata o 15 de xaneiro de 2010, está aberta a inscrición para o I Premio a Imaxe de GaliciaO Premio está convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración e o patrocinio da Fundación Caixa Galicia.
Cada participante poderá presentar un total de tres imaxes ao certame, sempre que estas traten sobre a Comunidade Autónoma de Galicia e fosen publicadas nalgún medio ao longo de 2009. As fotografías deberán presentarse en formato .jpg e RGB, cun peso entre 1 MB e 3 MB e con resolución de 300 ppp, e enviarse, xunto co formulario de participación de cada unha delas, por vía postal ao enderezo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ata o 15 de xaneiro do 2010. Un xurado de cinco membros (un representante da Fundación Caixa Galicia e outro do CPXG, ademais de tres profesionais da fotografía), analizarán os traballos recibidos sen teren identificación algunha da súa autoría. Entre as fotografías presentadas, escolleranse as cincuenta mellores, e entre estas se seleccionará a imaxe gañadora, que recibirá un único premio en metálico de 9.000 euros. Ademais, coas cincuenta fotografías seleccionadas, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Fundación Caixa Galicia organizarán unha exposición, un catálogo e unha páxina web, nas que se mostren os mellores exemplos e os que máis contribuíron a formar esa imaxe colectiva do ano en Galicia.
+ info en www.imaxedegalicia.com
[+]info:
http://corunacity.com
