A produción industrial en Galiza caeu un 8,6 por cento en outubro con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que nos meses transcorridos de 2009 este índice baixou un 17,7 por cento, segundo os datos do nstituto Nacional de Estatística (INE). No conxunto do Estado, o índice de produción industrial experimentou un descenso do 9,2 por cento, corrixidos os efectos do calendario, o que supón o décimo oitavo mes de caída consecutiva da produción industrial en España. En Galiza, o maior descenso rexistrado correspondeu aos bens de equipo, nos que a produción é un 22,1 por cento menor que en outubro de 2008, e que acumulan unha caída do 30,2 por cento no que vai de ano. A produción tamén se reduciu en Galiza nos bens de consumo non duradeiros (11 %), nos bens de consumo (9,6 %) e un nos bens intermedios (6,5 %). Por outra banda, o índice de produción industrial rexistrou un aumentodo 11,4 por cento en enerxía con respecto a outubro de 2008, e un 3,6por cento nos bens de consumo duradeiros. A pesar de todo, tanto enerxía como bens de consumo duradeiros acumulanunha variación media negativa nos meses transcorridos de 2009, nos quea produción de bens duradeiros descendeu un 18,5 por cento en Galiza ea da enerxía un 7 por cento.Fonte gznacion.com
[+]info:
http://corunacity.com
