Dende a Asociación Cultural Xacarandainaconvócase a rapaces de ata 12 anos de educación infantil e primaria aparticipar nunha nova edición do concurso de postais Xacarandaina, noque se premia a investigación na nosa cultura tradicional. O tema será libre, mais valorarase positivamente unha temática galega. O tamaño da postal será un A5 (medio folio) e admitiranse calquer tipo de técnica e material. As postais deberán ser entregadas en man no local da Asociación ou enviadas nun sobre pechado ó seguinte enderezo: Rúa Historiador Vedía nº3 soto 1º CP.:15004 A Coruña A data máxima de presentación será ata odía 11 de Decembro. As postais serán expostas ata a deliberación doXurado, o día 18 do mesmo mes e o premio é un completo lote de útilesde debuxo e pintura. Máis info en edu.coruna.es ou en Concurso de postais [+]info:
http://corunacity.com
