If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

PSOE e PP votan a favor do mantemento dos privilexios dos funcionarios que desempeñen altos cargos

Suso Seixo,Parlamento,Iniciativa Lexislativa Popular,Confederal,Administracion Publica,Ensino,Funcion Publica,Galiza,BNG Alfredo Suarez Canal,Camara,Suso Seixo-,Suso Seixo, secretario xeral da CIG, foi o encargado de defender no Parlamento, como portavoz da comisión promotora, a Iniciativa Lexislativa Popular a través da que máis de 19.000 galegos e galegas demandaban a derrogación do plus de altos cargos. Xunto a el tamén asistiron ao pleno membros da executiva Confederal, os secretarios nacionais das federacións de Administración Pública, Saúde e Ensino e membros das súas executivas. O obxectivo desta ILP non era outro que "corrixir unha deriva gravemente errónea, inxusta, discriminatoria e, aparentemente pouco meditada, na regulación legal das retribucións dos funcionarios que desempeñaron postos de altos cargos", segundo explicou Seixo na súa intervención, ou o que é o mesmo, a derrogación da disposición adicional 17ª da lei de Función Pública de Galiza, que foi votada a favor polos grupos parlamentarios o 27 de xullo de 2007, logo de que o PP a introducira como emenda. Seixo lembrou que esta decisión lexislativa "foi obxecto dunha enorme contestación social, reveladora do distanciamento que nesta materia existe entre a sociedade galega e moitos dos seus representantes políticos" e que subverte "o principio de que o desempeño de cargos públicos ou de designación política non pode converterse nun atranco, pero tampouco nunha vantaxe, para a carreira profesional dos funcionarios". O secretario xeral da CIG explicou que do que se trata, xa que logo, é de reintegrar "os servidores públicos que desempeñaron postos de confianza política no réxime ordinario da carreira profesional aplicábel a todo o funcionariado" e non como ocorre desde a aprobación da Lei de Función Pública, onde se recoñece o dereito a cobrar ese plus para aqueles funcionarios que se teñan reincorporado ou se reincorporen, en diante, ao servizo activo logo de ter desempeñado postos coa consideración de altos cargos na Administración galega durante dous anos continuados ou tres con interrupción. O BNG defende a supresión do plus de altos cargos como "xesto" para prestixiar e lexitimar a actividade política O deputado do BNG Alfredo Suárez Canal defendeu a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa Popular sobre o plus de altos cargos -impulsada pola CIG- como "xesto" para prestixiar a actividade política e demostrar que "somos quen de aprender da sensibilidade social e corrixir o que foi un erro desta Cámara". A ILP -defendida no Pleno polo secretario xeral da CIG, Suso Seixo- foi rexeitada polos votos de PP e PSOE e só foi votada favorabelmente polo BNG. Suárez Canal afirmou que de votar unanimamente a favor desta iniciativa, que propón a supresión do dito plus, non só se gañaría en credibilidade ante a sociedade senón tamén recursos, algo tan importante en situación de crise, tan necesarios ante medidas como a privatización dos servizos públicos, dixo, calculando que se podería aforrar arredor de 3 millóns de euros cada ano. Para Suárez Canal, a Iniciativa Lexislativa Popular preséntase como unha oportunidade que cómpre aproveitar, unha "ocasión excepcional" para contribuír, aínda que sexa de forma "simbólica", a prestixiar e lexitimar a política, nun momento no que moitas persoas están a denigrala, como se puido comprobar na pasada campaña electoral ou ante os "escándalos clamorosos" de instrumentalización do público en beneficio persoal. Fonte gznacion.com

[+]info:
http://corunacity.com

895 dias 15 horas 51 minutos 29 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.