Prazo de presentación: do 11 de decembro de 2009 ao 10 de xaneiro de 2010. Requisitos dos solicitantes: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea. b) Ter veciñanza administrativa en Galicia. c) Ter nacido o 1 de xaneiro de 1978 ou con posterioridade a esa data. d) Estar en posesión de título universitario de grao medio ou superior. e) Non ser ou ter sido beneficiario dunha bolsa de formación no eido da cooperación internacional ao desenvolvemento da Xunta de Galicia. f) Non manter relación laboral vixente co organismo que promove a bolsa nin coas entidades colaboradoras. g) Durante o período de desfrute da bolsa, non colaborar con ningún axente da cooperación dos establecidos no artigo 23 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento. h) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coas actividades formativas para as que se convocan as bolsas. Contía das axudas: O importe da bolsa será de 1.200 brutos mensuais, en caso de que os destinos sexan no exterior, e 990 brutos mensuais, en caso de que os destinos sexan na sede da dirección xeral. Presentación de solicitudes: Os/as interesados/as deberán cubrir a solicitude que figura no anexo II dirixida ao director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e presentala no rexistro xeral da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE ou por calquera das seguintes formas: nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, a calquera Administración das comunidades autónomas, ou a algunha das entidades que integran a Administración local, se neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio. No caso de presentar a solicitude nun rexistro que non sexa o da dirección xeral ou de remitila por correo, o/a interesado/a deberá comunicarlle á dita dirección xeral esta circunstancia, no mesmo día, a través de fax (ao número 881-999029). Publicación: DOG nº 240, xoves 10 de decembro de 2009 Máis Información: http://www.xunta.es/ Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea: Rúa Feáns, 5 - 15705 Santiago de Compostela Tlf: 981 541 001 Fax: 981 541 003
[+]info:
http://corunacity.com
