If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Ábrese a inscrición do Xanela Aberta ao Sur. Charlas na Coruña

Xanela Aberta,Norte Global,FORMACIoN,VIAXES,AVALIACIoN-DIFUSIoN,Soberania Alimentar,Amarante,Brasil,Movimento,Trabalhadores Rurais,Ecuador,Fundacion MCCH,Maquita,Marrocos,Asociacion Attawassoul,Aproveitase,Compostela,Local,Amarante-Verdegaia,MarrocosVigo,Marzo,BrasilPontevedra,Galeria Sargadelos,EcuadorOurense,Xuventude,Ribadeo,Noticia, O programa Xanela Aberta ao Sur ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación galega sobre as causas da pobreza e os impactos das desigualdes entre o Sur e o Norte Global. Este será a 11ª edición do programa polo que xa levan pasado unhas 900 persoas, das que visitaron países do Sur case 200.

O programa desenvólvese en tres fases diferenciadas:  FORMACIÓN, VIAXES E AVALIACIÓN-DIFUSIÓN.  O primeiro paso do Xanela son as xornadas de formación que no decorrir do anos aumentaron de dúas sesións ás catro sesións actuais. Estas xornadas están adicadas ó traballo en grupo e ó achegamento teórico a conceptos relacionados coa cooperación e a solidariedade, como poden ser a Soberanía Alimentar, O comercio Xusto ou a denuncia das políticas económicas internacionais. As persoas que asiten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de acceder a algún dos grupos que nos meses de verán viaxarán coas organizacións parceiras de Amarante. Os destinos visitados polas participantes do Xanela Aberta ao Sur son: Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita) e Marrocos coa Asociación Attawassoul. O obxectivo destas viaxes é poder compartir durante un mes a vida das persoas integrantes das organizacións e aprender de primeira man como se organizan e cales son as dificultades coas que se atopan.Por último realizarase unha sesión de avaliación que permitirá recoñecer erros e subsanalos de cara a outras edicións. Aprovéitase esta sesión para organizar as charlas de difusión que cada participante impartirá na súa localidade de residencia. As charlas de difusión serven para dar a coñcer a experiencia das persoas que viaxan e pechar así o obxectivo principal centrado na sensibilización da poboación galega. Durante o mes de marzo celebraranse as charlas de difusión a cargo das persoas que participaron no Xanela Aberta ao Sur do ano 2009. A continuación presentamos o calendario das diferentes charlas:Compostela. Martes 9 de marzo. Local de Amarante-Verdegaia ás 20:30.- Sobre Ecuador e MarrocosVigo. Mércores 10 de Marzo. Local de Amarante ás 20:30.- Sobre Marrocos, Ecuador e BrasilPontevedra. Xoves 11 de Marzo. Galería Sargadelos ás 20:30.- Sobre Brasil e EcuadorOurense. Mércores 17 de Marzo. Casa da Xuventude ás 20:30.- Sobre Marrocos e EcuadorCoruña.- Mércores 10 de Marzo. Aulas da UNED ás 19:45.- Sobre Brasil e Ecuador.Ribadeo.- Sobre Marrocos e Ecuador. Data sen concretar.Durante todo o proceso do Xanela Aberta ao Sur mantemos activo o blog http://amaranteong.org/xanela/ no que se poden consultar as datas das formacións, resolver dúbidas ou ben visitar experiencias de anos pasados. Este blog está xestionado por activistas de Amarante e posteriormente uniranse as participantes do programa.Para poder realizar a inscrición no programa Xanela Aberta ao Sur hai que dirixirse ó enderezo electrónico educacion@amaranteong.org ou ben ó teléfono 886 111 327. Por calquera destas dúas vías poderase recibir información detallada do funcionamento do programa e realizar a inscrición correspondente.As persoas que asiten ás xornadas de formación teñen a oportunidade de acceder a algún dos grupos que nos meses de verán viaxarán coas organizacións parceiras de Amarante. Os destinos visitados polas participantes do Xanela Aberta ao Sur son: Brasil co Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), Ecuador coa Fundación MCCH (Maquita) e Marrocos coa Asociación Attawassoul. O obxectivo destas viaxes é poder compartir durante un mes a vida das persoas integrantes das organizacións e aprender de primeira man como se organizan e cales son as dificultades coas que se atopan. Por último realizarase unha sesión de avaliación que permitirá recoñecer erros e subsanalos de cara a outras edicións. Aprovéitase esta sesión para organizar as charlas de difusión que cada participante impartirá na súa localidade de residencia. As charlas de difusión serven para dar a coñcer a experiencia das persoas que viaxan e pechar así o obxectivo principal centrado na sensibilización da poboación galega. Durante o mes de marzo celebraranse as charlas de difusión a cargo das persoas que participaron no Xanela Aberta ao Sur do ano 2009. A continuación presentamos o calendario das diferentes charlas: Compostela. Martes 9 de marzo. Local de Amarante-Verdegaia ás 20:30.- Sobre Ecuador e MarrocosVigo. Mércores 10 de Marzo. Local de Amarante ás 20:30.- Sobre Marrocos, Ecuador e BrasilPontevedra. Xoves 11 de Marzo. Galería Sargadelos ás 20:30.- Sobre Brasil e EcuadorOurense. Mércores 17 de Marzo. Casa da Xuventude ás 20:30.- Sobre Marrocos e EcuadorCoruña.- Mércores 10 de Marzo. Aulas da UNED ás 19:45.- Sobre Brasil e Ecuador.Ribadeo.- Sobre Marrocos e Ecuador. Data sen concretar.
Durante todo o proceso do Xanela Aberta ao Sur mantemos activo o blog http://amaranteong.org/xanela/ no que se poden consultar as datas das formacións, resolver dúbidas ou ben visitar experiencias de anos pasados. Este blog está xestionado por activistas de Amarante e posteriormente uniranse as participantes do programa. Para poder realizar a inscrición no programa Xanela Aberta ao Sur hai que dirixirse ó enderezo electrónico educacion@amaranteong.org ou ben ó teléfono 886 111 327. Por calquera destas dúas vías poderase recibir información detallada do funcionamento do programa e realizar a inscrición correspondente. 
Noticia de amaranteong.org

[+]info:
http://corunacity.com

707 dias 10 horas 56 minutos 21 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.