If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

A Deputación da Coruña financia un Plan de aforro enerxético en concellos da provincia

A Deputación da Coruña destinará 1.826.232, 60 euros para financiar un Plan de aforro enerxético que se desenvolverá nos 83 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de facer que o consumo eléctrico dos concellos “sexa máis razoable e eficiente”, segundo o presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda. A este orzamento hai que sumar os 123.767, 40 euros que a institución provincial destina á dirección do equipamento de aforro enerxético PEACE e os 50.000 € que destina ao convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para o desenvolvemento deste programa. Este asunto será analizado no curso do Pleno que a Corporación provincial celebrará a próxima semana. Este plan é o resultado da auditoría enerxética que se levou a cabo nestes concellos da provincia e inclúe preto de 2.500 pequenas accións como a substitución de lámpadas fluorescentes e lámpadas  por outras de baixo consumo ou a instalación de detectores de presenza para o aceso e pago da iluminación, de placas solares térmicas para a obtención de auga quente, ou de válvulas termostáticas en radiadores.
Todo iso realizarase en instalacións públicas como colexios, escolas infantís, pavillóns polideportivos, piscinas municipais, bibliotecas, ou os propios consistorios e propiciará un importante aforro enerxético global na provincia.
O orzamento que se destinará a cada concello é o seguiente: ConcelloInvestimento (€) IVE incluídoCerceda16.317,94As Pontes7.675,86Cedeira14.806,01As Somozas8.445,05Mañón7.804,83Moeche4.193,61Ortigueira6.292,78Valdoviño4.514,49A Capela5.384,74Ares11.602,13Cabanas4.265,42Fene19.017,90Mugardos3.642,73Neda10.508,90Irixoa4.230,21Miño12.244,81Monfero4.393,33Pontedeume9.962,75Vilarmaior2.243,44Abegondo12.695,42Bergondo20.833,68Betanzos100.329,10Carral14.552,39Sada19.701,51Aranga11.077,35Cesuras39.871,69Curtis19.327,17Mesía16.458,14Oza dos Ríos17.447,55Boimorto48.588,99Melide18.064,53Sobrado29.530,47Toques4.927,83Vilasantar33.279,94Arzúa23.450,68Frades31.835,67O Pino26.878,69Santiso2.616,67Touro22.401,15Laracha85.626,51Ordes13.827,21Oroso32.488,44Tordoia27.885,91Trazo18.598,91Boqueixón27.021,63Dodro26.904,22Padrón11.970,79Teo8.479,96Vedra5.541,36Boiro99.110,36Lousame11.880,83Pobra do Caramiñal45.394,58Porto do Son31.552,44Rianxo25.992,97A Baña18.223,54Brión11.649,70Negreira14.362,06Noia39.033,12Rois22.932,72Carnota8.008,94Dumbría7.404,13Mazaricos37.783,16Muros4.592,14Outes7.895,74Camariñas13.132,70Cee953,05Corcubión6.462,96Fisterra26.753,14Muxía27.636,63Santa Comba97.185,93Val do Dubra45.563,47Vimianzo77.482,56Zas42.139,12Cabanas de Bergantiños8.334,27Coristanco33.886,94Laxe21.262,61Malpica12.865,26Ponteceso2.794,69Cariño6.815,45Coirós701,91Paderne5.000,40San Sadurniño75.151,35Cerdido6.533,24  TOTAL1.826.232,60

[+]info:
http://corunacity.com

793 dias 7 horas 36 minutos 13 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.