Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas, que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia. Os interesados deberán cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención a través da aplicación de axuda establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Co fin de prestar asistencia para cubrir o cuestionario, o Igape pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, cun sistema de cita previa concertada a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47. O interesado presentará a instancia de solicitude co IDE e a documentación anexa no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas súas oficinas territoriais ou nos rexistros das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local. No caso de envío por correo, na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar farase constar, con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión. Prazo de presentación: do 9 de abril de 2010 ao 30 de novembro de 2011, ambos incluídos. Publicación: DOG Nº 65, Xoves, 8 de abril de 2010+ info
http://www.xunta.es Igape: O.T. A Coruña Xunta de Galicia Edif Adtivo. 2ª p. Praza de Luis Seoane s/n. 15008 A CORUÑA Telf.: 981 182 239 Fax: 981 182 240
[+]info:
http://corunacity.com
