O vindeiro sábado 24 de abril co motivo do Día da Terra, terá lugar unha Andaina polo Clima en Cerceda (A Coruña). Baixo o lema O clima non está á venda, a marcha dará comezo ás 17 horas e discorrerá entre a central térmica de Meirama e a incineradora de residuos urbanos de SOGAMA.Está previsto alugar un autobús con saída desde Santiago para minimizar o transporte en automóbil ata Cerceda, así como para trasladar á xente que participe na marcha desde o remate da mesma ata o punto de inicio. O autobús sairá ás 15.30 horas da Avenida Xoan Carlos I (diante da igrexa do Pilar). Se queredes ir no autobús ata Cerdeda tedes que apuntarvos nunha das organizacións convocantes* antes do 21 de abril.
+ info e fonte amigosdaterra. net
[+]info:
http://corunacity.com
