Coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística a Deputación da Coruña convoca o I Premio Rosalía de Castro de Lingua de acordo coas seguintes: BASES 1.- Obxectivos - Recoñecer a aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral. - Manter viva a memoria de Rosalía de Castro. 2.- Destinatarios Poderase outorgar este premio a calquera persoa, empresa, asociación ou entidade radicada en Galicia, entendendo como tales aquelas que teñan a súa sede social ou residencia no territorio da Comunidade Autónoma e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña 3.-Premios Establécese o seguinte galardón a) Un premio que se lle concederá a unha persoa, empresa, asociación ou entidade de ámbito galego, en xeral e na provincia da Coruña, en particular, que destacase pola súa traxectoria na promoción e normalización da lingua galega ou que destacase por actividades que implicasen o espallamento da lingua galega durante o ano en curso. O Premio Rosalía de Castro de Lingua 2010 non ten dotación económica. O galardoado recibirá unha figura acreditativa que está en posesión desta distinción. 4.- Xurado A proposta para o premio e a escolla do gañador tomaraa un xurado formado por: · O presidente da Deputación da Coruña ou persoa en quen delegue, que será o/a presidente/a. · Un/unha representante técnico da Deputación da Coruña que realizará as funcións de secretaría, asistirá ás xuntanzas do xurado, con voz e sen voto. · Un/unha representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística. · Un representante do movemento asociativo da provincia da Coruña. · Un/unha representante dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino da provincia da Coruña. · Un/unha representante da Universidade da Coruña ou Santiago de Compostela · Un/unha representante dos medios de comunicación, nomeado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. · Unha persoa de recoñecido prestixio no seu traballo a prol da lingua galega. As candidaturas deberán ser avaliadas polo xurado tendo sempre en conta o obxectivo do premio. 5.- Aspectos que se valorarán Para a concesión dos premios o xurado terá en conta os seguintes criterios: a. Tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego. b. Actuacións concretas en favor da normalización dos usos sociais da lingua galega. c. Uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos. d. Campañas de información e/ou publicitarias en galego. e. Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural. Ademais dos devanditos, o xurado poderá valorar outros méritos das persoas ou entidades que se propoñan. 6.- Prazos Logo da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, haberá 15 días para que se presenten as propostas. O xurado reunirase no prazo dos 15 días seguintes para votar as propostas presentadas. 7- Sistema de votación O xurado tamén poderá propor candidaturas. O xurado seleccionará o premiado de acordo coa finalidade do premio. O premio será outorgado por votación do xurado. Será necesaria a maioría cualificada de dous terzos na primeira volta de votacións. De non alcanzarse acordo, procederase a unha segunda votación na que será necesaria a maioría simple. O xurado poderá optar por deixalo deserto. A súa decisión será inapelable. 8- Entrega de premios A entrega dos premios realizarase o 28 de maio, no transcurso do acto público da III Festa da Lingua, organizada pola Deputación da Coruña. 9- Interpretación O xurado queda facultado para interpretar as presentes bases. A Coruña, 12 de abril de 2010 O PRESIDENTE O SECRETARIO Salvador Fernández Moreda José Luis Almau Supervía PREMIO ROSALÍA DE CASTRO DE LINGUA 2010 PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS Persoa ou entidade que formula a proposta Nome ou razón social: Enderezo postal: Teléfono: Enderezo electrónico: Datos da candidatura Nome: Enderezo postal: Teléfono: Enderezo electrónico: Enderezo web (empresa ou asociación): Ano desde que traballa a prol da normalización da lingua (empresa ou asociación): Méritos que se alegan (indique as accións que teña entre os seus obxectivos a promoción do idioma galego ou calquera outra circunstancia que considere de interese para valorar a súa candidatura):
[+]info:
http://corunacity.com