If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

A Revista Galega de Teatro convoca o II Certame de banda deseñada sobre teatro

Revista Galega,Hamster,Santiago Cortegoso,Participa,Premio,Teatro Rafael Dieste,Editorial Galaxia,Presentaranse,Apartado,Correos,Cangas,Morrazo,Pontevedra,XXVII Mostra Internacional,Teatro Comico Festivo,XXVI Mostra Internacional,Ribadavia,Fondo Teatral Maria Casares,Biblioteca Publica,Establecese,Por segundo ano, a Revista Galega de Teatro convoca o certame de banda deseñada sobre teatro. Nesta edición, o texto escollido é “Hamster” de Santiago Cortegoso. Participa e deseña a túa posta en escena sobre o papel.   Neste certame poderán participar tódalas persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar,cada unha delas, cantas obras desexen. O traballo consistirá en adaptar para banda deseñada a peza Hámster de Santiago Cortegoso, autor premiado co Premio de Teatro Rafael Dieste en 2009. Hámster foi editado pola Revista Galega de Teatro no seu número 60 e pode atoparse nas bibliotecas, solicitarse nas librerías ou na Editorial Galaxia. O texto do traballo será en lingua galega. A extensión será de 16 páxinas (cor ou branco e negro) máis  portada en cor. O formato será DIN A-4 ( 210 mm x 297 mm). Os traballos non poderán levar o nome da autora ou autor de xeito visible. Presentaranse en sobre, sen sinatura nin nome, baixo un título ou lema. No seu interior incluirase outro sobre co mesmo título ou lema, e os datos persoais: nome e apelidos, fotocopia do DNI, enderezo postal, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico. A recepción de traballos rematará o día 2 de xullo de 2010, este incluído. Deberán remitirse a: Revista Galega de Teatro. Apartado de Correos nº 210. 36940 Cangas do Morrazo. Pontevedra. O fallo inapelable do xurado será o día 10 de xullo de 2010 a través da páxina web da RGT A organización resérvase o dereito de realizar exposicións públicas con todos os orixinais presentados ao certame na XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas, na XXVI Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e noutros locais e datas por determinar. Os exemplares poderán ser reclamados a partir do 15 de agosto de 2010. Os gastos de devolución correrán por conta dos concursantes. O orixinal premiado e os orixinais non solicitados, pasarán a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Establécese un único premio de 1.000 euros e a publicación da obra gañador.
+ info no blog da RGT

[+]info:
http://corunacity.com

631 dias 7 horas 48 minutos 1 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.