Atención a empresas de A Coruña: a Xunta de Galicia da incentivos para a contratación de traballadores.Serán subvencionables as contratacións realizadas desde o 16 de setembro de 2009 ata o 30 de xuño de 2010.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de xuño de 2010. 1.PROGRAMA DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais que se realicen con algún dos seguintes colectivos: a)Persoas desempregadas de longa duración.
b)Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.
c)Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
d)Mozos desempregados de 30 ou menos anos de idade, sen cualificación.
e)As persoas desempregadas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia de xénero.
f)Persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos en risgo de exclusión social:
Persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia.
Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.
Persoas internas de centros penitenciarios cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego.
Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral.
Persoas que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao mercado laboral.
Persoas transexuais ou en proceso de reasignación sexual.
Persoas menores de idade internas, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os que estean en situación de liberdade vixiada e os exreclusos.
Persoas que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.
Persoas traballadoras inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade autónoma, cuxas características condicionen a súa integración social.
Persoas emigrantes retornadas con graves necesidades persoais ou familiares.
Persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social CONTÍA 1)6.000 , cando a empresa teña no mes de contratación unha taxa de estabilidade igual o superior á establecida no seu convenio específico ou, no seu defecto, ao 75%. 2)4.000 para as restantes empresas.
3)As contías incrementaranse cando as contratacións se realicen con mulleres, cando se formalicen por microempresas, especialmente cando a microempresa radique nun concello rural. 2.PROGRAMA DE TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOS Nas microempresas serán subvencionables as transformacións en indefinidos de calquera modalidade de contrato temporal. No resto das empresas, serán subvencionables as transformacións en indefinidos de calquera modalidade de contrato temporal sempre que se leve a cabo unha contratación indefinida inicial realizada cun traballador pertencente a un dos seguintes colectivos: desempregado de longa duración; desempregado que esgotase as prestacións por desemprego; maiores de 45 anos, mozos menores de 30 anos se cualificación; desempregadas que teñan a condición de vítima de violencia de xénero; desempregado pertencente a colectivos en risco de exclusión social.
No caso de mozos que na data de celebración do contrato temporal que se transforma tiveran 30 ou menos anos de idade, só poderán transformar os contratos das modalidades en prácticas, para a formación, de revezamento e de substitución por anticipación da idade de xubilación. CONTÍA 3.000 , cando as transformacións se realicen por unha empresa que teña no mes da contratación unha taxa de estabilidade igual ou superior á establecida no seu convenio específico o, no seu defecto ao 75%.
2.000 , nas restantes empresas. 3.PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL Contratos de interinidade sempre que se realicen con persoas desempregadas para substituir persoas traballadoras en excedencia por coidado de familiares, por un período non inferior a 4 meses nin superior a 3 anos, e sempre que se trate dunha excedencia con reserva de posto de traballo, ou teña unha redución de xornada de traballo por motivos familiares, incentivarase cunha axuda de 1.800 . Serán subvencionables todas as modalidades contractuais de carácter temporal, cunha duración mínima de 6 meses, que se realicen con persoas desempregadas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión social, incentivarase cunha axuda de entre 2.520 a 5.040 .
[+]info:
http://corunacity.com
