If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Subvencións para potenciación e mellora do turismo mediante a creación de aldeas de turismo rural

Convócanse subvencións para a potenciación e mellora do turismo mediante a creación de aldeas de turismo rural ou mellora de establecementos existentes de turismo rural e oferta complementaria. Organismo: Consellería de Cultura e Turismo Beneficiarias: Poderán ser beneficiarias das subvencións as empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención. Actuacións subvencionables: Liña A) de axudas destinadas a proxectos relativos á creación de aldeas rurais para a realización de actividades de turismo rural. Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, modernización e remodelación de aldeas rurais e da súa oferta complementaria en actividades tales como hípica, golf, náuticas e aqueloutras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural, sempre que estean insertas e vinculadas a establecementos de aldeas rurais. Liña C) de axudas destinadas a proxectos dirixidos a acadar certificacións de calidade de recoñecido prestixio internacional como a Q de calidade do ICTE, Ecolabel, ISO, EMAS, sempre en relación coa explotación destes establecementos de aldeas rurais. Custos de auditoría para acadar a certificación e renovación dela que xa a obtiveron, sempre en relación a estes establecementos de aldeas rurais. - Considérase investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se acometan para a creación, reforma ou mellora dos establecementos obxecto desta orde como, se é o caso, a adecuación do contorno e as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura, a cultura e a sociedade tradicional e os honorarios técnicos. - Están comprendidos nos proxectos de obras e son, polo tanto, subvencionables, todos aqueles bens de equipo que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, etc.). Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as ditas condicións. - Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta orde o mobiliario, a lenzaría, enxoval doméstico, louza e análogos, e a adquisición de terreos. Financiamento: Os proxectos poderán acadar unha subvención de ata un 40% sobre o investimento subvencionable cando se trate de pequenas e medianas empresas e de ata o 30% nos demais casos, sempre que non se superen os límites máximos de axuda establecidos na normativa aplicable. Para os efectos de cálculo do investimento subvencionable, os honorarios técnicos de redacción de proxecto e dirección de obra non serán superiores ao 8% do orzamento de execución material subvencionable. - Estas axudas son compatibles con calquera outra para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o límite máximo de axuda legalmente establecido. - Os proxectos desenvolveranse no territorio de Galicia (exceptuando os núcleos urbanos definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo), e financiaranse con cargo a fondos Feder. Presentación de solicitudes: Os interesados presentarán a solicitude, xunto co resto da documentación requerida, no Rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, da Consellería de Cultura e Turismo, na oficina de Rexistro Xeral do edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela ou nos rexistros dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local. No caso de envío por correo, na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar farase constar, con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión. Prazo de presentación: do 27 de maio ao 26 de xuño de 2010, ambos incluídos Publicación: DOG Nº 98, Mércores, 26 de maio de 2010 En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Secretaría Xeral para o Turismo, a través do teléfono 981 54 63 79 ou 981 54 63 78, do número de fax 981 54 02 75, ou do enderezo de correo electrónico axudas.turismo@xunta.es.

[+]info:
http://corunacity.com

617 dias 3 horas 9 minutos 37 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.