If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Carreira Popular Facho de Hércules

Carreira Popular Facho de Hércules 
I Trofeo conmemorativo da Declaración como Patrimonio da Humanidade
Autoridade Portuaria de A Coruña – La Voz de Galicia
Data: domingo, 27 de xuño de 2010
Hora: a partir das 11:30 h
Lugar: proximidades do Parque da Torre de Hércules en A Coruña
Distancia: 5.000 m homologados pola RFEA
Organiza: La Voz de Galicia en colaboración co Concello de A Coruña e a Federación Galega de Atletismo
Inscrición: ata o mércores 23 de xuño de 2010 ás 20:00.
A través do sistema online na web www.atletismogalego.org 
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todolos datos obrigatorios.
Todolos atletas teñen a obriga de comprobar na páxina da Federación galega de Atletismo www.atletismogalego.org que a súa inscrición está correctamente formalizada unha vez terminado o prazo.
Web: Federación galega de atletismo O vindeiro domingo 27 de xuño celebrarase, nun circuito urbano homologado póla RFEA, en A Coruña a Iª edición da Carreira Popular Facho de Hércules. Iº Trofeo Comnemorativo da declaración como patrimonio da humanidade. Autoridade Portuaria de A Coruña. La Voz de Galicia NORMATIVA XERAL DA COMPETICIÓN  Art.1.- ORGANIZACIÓN 
O evento está organizado pola La Voz de Galicia en colaboración co Concello de A Coruña e a Federación Galega de Atletismo.  Art.2.- DATA E LUGAR 
Domingo, 27 de xuño de 2010 nas proximidades do Parque da Torre de Hércules en A Coruña. Art.3.- HORARIOS 
As probas desenvolveranse a partir das 11:00 horas, con saída da carreira de 5 kms ás 11:00 horas dende a sartén da Torre de Hércules e con chegada no mesmo sitio. Para as categorías menores haberá unha carreira de menor distancia con saída a partir das 12:20 horas dende a sartén da Torre de Hércules e chegada no mesmo sitio. Art.4.- CARREIRA DE 5 KMS 
Distancia
A proba celebraráse sobre unha distancia de 5000m. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo e ten un perfil na súa maioría chan, e por asfalto na súa totalidade. Percorrido
Realizaranse 1 volta ó seguinte percorrido:
SAIDA, Dársena da torre (Estatua de Breogan). Cidade Deportiva Municipal da Torre. Casa dos Peixes (Casa do home). Matadoiro (Hotel Melia María Pita). Avda. Pedro Barrié da Maza. Xiro de retorno circunvalando a rotonda da confluencia da Rúa Juan Canalejo con Rúa Alta. Avda. Pedro Barrié da Maza. Matadoiro (Hotel Melia María Pita). Casa dos Peixes (Casa do home). Cidade Deportiva Municipal da Torre. Dársena da torre (Estatua de Breogan), META Tempo de chegada
Por cuestións organizativas fíxase un tempo máximo para percorrer a distancia de 1 hora e 15 minutos, polo que o control de chegada pecharase ás 12:15 horas. Categorías (homes e mulleres)
- Xuvenil, nados en 1993 e 1994
- Júnior, nados/as en 1991 e 1992 
- Promesa, nados/as en 1988, 1989 e 1990 
- Senior, nados/as dende 1987 ata veteranos
- Veteranos A, entre 35 e 39 anos 
- Veteranos B, entre 40 e 44 anos 
- Veteranos C, entre 45 e 49 anos 
- Veteranos D, entre 50 e 54 anos 
- Veteranos E, entre 55 e 59 anos 
- Veteranos F, entre 60 e 69 anos
- Veteranos G, 70 ou máis anos Art.5.- CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES 
Distancia.
As probas celebraranse sobre distancias que van dende os 100m ata os 1000m. O percorrido está medido pola Federación Galega de Atletismo e ten un perfil totalmente chan, e por asfalto na súa totalidade. Percorrido: 
SAIDA, Dársena da torre, Paseo dos Menhires, Dársena da torre, META Categorías, distancias e horarios: 
- Benxamín masculina e feminina. Nados/as en 2001, 2002
Distancia: 500 metros
Hora de saída: 12:15
- Alevín masculina e feminina. Nados/as en 1999, 2000
Distancia: 500 metros
Hora de saída: 12:20
- Infantil e Cadete feminina. Nados/as en 1995, 1996, 1997 e 1998 
Distancia: 1000 metros
Hora de saída: 12:25
- Infantil e Cadete masculina, Nados/as en 1995, 1996, 1997 e 1998
Distancia: 1000 metros
Hora de saída: 12:35
- Prebenxamín masculina e feminina. Nados/as posterior ó 2002
Distancia: 100 metros aproximadamente
Hora de saída: 12:45 Art.6.- PREMIOS 
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría e aos tres primeiros absolutos tanto en homes coma en mulleres. A categoria senior existe a nivel informativo, non ten premiacion. Asemade haberá camiseta conmemorativa do evento para os 3.000 primeiros deportistas que crucen a liña de meta.
Na categoría prebenxamín haberá medallas para todos os participantes
Outorgarase medalla aos tres primeiros do Campionato galego de 5 kms en ruta en cada categoría tanto en homes coma en mulleres. Art.7- INSCRICIÓNS 
As inscricións dos atletas farase a través do sistema online na web www.atletismogalego.org con data límite ata o mércores día 23 de xuño ás 20:00 horas. Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todolos datos obrigatorios.
Todolos atletas teñen a obriga de comprobar na páxina da Federación galega de Atletismo www.atletismogalego.org que a súa inscrición está correctamente formalizada unha vez terminado o prazo.
Fonte correrengalicia.org

[+]info:
http://corunacity.com

700 dias 14 horas 5 minutos 58 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.