If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Cinestable I festival de curtametraxes libres e Creative Commons

A Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes, inestable.org, organiza para o vindeiro mes de Agosto o I Festival de Curtamentraxes Libres Cinestable. Pretenden render homenaxe á liberdade que brindan as licenzas libres Creative Commons convocando un concurso de curtas ao que están convidados a participar amateurs e profesionais de todo o país. O obxectivo principal desta inciativa é o fomento do uso das licenzas culturais libres e a difusión das súas vantaxes como por exemplo que permiten aumentar a difusión das obras noveles.
Poden concorrer ao concurso todas as cintas de calquera temática e en calquera idioma, sempre que leven subtítulos os diálogos que non sexan en galego ou castelán, e deberán ser distribuídas baixo unha licenza Creative Commons ou licenza GPL. A inscrición é gratuíta e realízase por medio da web. O prazo de recepción de traballos remata o día 1 de agosto de 2010. As cintas premiadas repartiranse máis de 800€ e proxectaranse no Festival o día 5 de Agosto no auditorio do Concello de Ordes. Polo momento só están establecidas as categorías dos premios: mellor curtametraxe, mellor curtametraxe en galego e mellor guión. As obras que se presenten en idioma galego optarán ao premio outorgado pola AC Proxecto Trasno, quen colabora tamén nesta iniciativa. Esta iniciativa da asociación Inestable conta coa colaboración do Concello de Ordes e outras entidades como a Asociación Cultural Proxecto Trasno. Pódese obter máis información na web do certame ou solicitar información por correo electrónico.
Fonte mancomun.org

[+]info:
http://corunacity.com

562 dias 15 horas 2 minutos 43 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.