If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O Plan de Dinamización de Produto Turístico da Área Metropolitana da Coruña en Portugal

O Plan de Dinamización de Produto Turístico (PDPT) Área Metropolitana da Coruña promocionará a comarca en Portugal como destino turístico clave do norte de Galicia facendo especial fincapé nun tipo de visitante máis novo. En concreto, o PDPT levará a cabo unha campaña durante o Festival de Paredes de Coura, o certame de música de referencia no país luso e que atrae cada ano a más de 75.000 persoas.   A sede de Radio Clube de Porto, a emisora musical de referencia en Portugal, acollerá esta tarde un multitudinario acto de presentación do Festival de Paredes de Coura 2010 no que estarán presentes José Barreiro, organizador do certame nacido en 1993, e Adolfo Neira, xerente do Plan de Dinamización, e no que actuarán diversos grupos. Nos vindeiros días, A Coruña acollerá unha festa-concerto de similares características.   O obxectivo de respaldar este festival é a de posicionar o destino A Coruña xunto a súa área metropolitana no segmento de público máis xuvenil e no mercado do turismo cultural portugués. Para iso, a campaña resaltará a proximidade xeográfica, que a fan ideal para unha escapada duns días, e súa oferta de ocio, cultura, praia e interior.   En concreto, venderase a comarca coma un lugar ideal para a xente nova que busca en calquera época do ano un destino de fin de semana cunha atractiva programación de espectáculos, concertos e exposicións combinada cunha ampla oferta de ocio nocturno, pero que tamén ofrece en espectaculares paraxes para practicar deportes de aventura ou náuticos, percorrer algunhas das moitas rutas de sendeirismo que hai no interior da bisbarra ou, simplemente, descansar en fermosas praias. A todo iso, engadirase a súa oferta museística, de monumentos emblemáticos e outras representacións artísticas. Festival de Paredes de Coura: Creado en 1993 como o escaparate para as novas mandas, actualmente os medios de comunicación consideran a este festival como o mellor de Portugal, cunha media de 75.000 espectadores. A edición de 2010 terá lugar os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, e entre outros grupos estarán Best Coast, Enter Shikari, Gallows, The Prodigy, The Specialist, Jamia T, White Lies, Vivian Girls, We hand band, Peter Hook, Klaxons, etc.   Máis información: Ana Martínez-667 41 56 23 Fonte boletín da PDPT

[+]info:
http://corunacity.com

583 dias 2 horas 17 minutos 25 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.