If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Viñetas desde o Atlántico 2010

Do 9 ao 15 de agosto celebrarase o 13º Festival de Banda Deseñada da Coruña Viñetas desde o Atlántico 2010. E nesta ocasión estrea páxina web oficial, onde podemos consultar toda a información sobre invitados, conferencias e exposicións. O cartel desde ano foi realizado por André Juillard, autor francés convidado á anterior edición do Festival. Viñetas renderá homenaxe a Will Eisner, creador de The Spirit e pai da novela gráfica tal e como hoxe a coñecemos, a través da exposición comisariada por Denis Kitchen. Pero ademáis vai contar coa exposición Esqueletos, comisariada por Antoni Guiral e que recolle a a presenza dos ósos no cómic; cunha mostra de Clásicos de prensa e coa exposición Cidades asolagadas, que recolle historietas que se desenvolven nas profundidades mariñas. O resto das exposicións inclúen obras orixinais dos autores convidados nesta edición do Festival. Viaxarán ata a nosa cidade a debuxante francesa Camille Jourdy, gañadora do premio "Autor Revelación" do Festival de Angoulême pola súa triloxía Rosalie Blum; e o artista británico Dave McKean, autor de Cages, portadista da serie The Sandman e do Batman de Arkham Asylum. Con Émile Bravo compartiremos unha nova visión das aventuras do botóns Spirou e o debuxante galego Víctor Rivas achegará o seu personaxe Harry Pórrez aos máis pequenos. Contaremos de novo coa presenza de Carlos Pacheco e os seus superheroes Superman, Batman ou X-Men. A mostra "Raule e Roger" céntrase na serie Jazz Maynard, resultado da colaboración do guionista Raule e o debuxante Roger Ibáñez. A lista de invitados cérrase con Dani Montero, Premio Castelo BD de 2009. As exposicións, charlas e conferencias do Festival compleméntanse coa feira de libreiros e editores no Paseo dos Coches, na que as Bibliotecas Municipais da Coruña terán presencia un ano máis. Poderedes atoparnos nunha das casetas. A novidade da feira desde ano vai ser que, seguramente, pódanse adquirir orixinais dos autores convidados. Nesta zona, instalarase ademáis a Carpa do cómic, na que terán lugar numerosas actividades, das que vos iremos dando conta neste blog. Podemos adiantar que este ano repetiremos concurso, co cal poderedes conseguir una camiseta de Fancómic. Na caseta teremos acceso a internet para resolver todas as vosas dúbidas e contaremos cunha coidada selección de libros que estarán a disposición de usuarios de bibliotecas e visitantes para o seu préstamo temporal durante o Festival. Ademáis deseñamos un cómic propio onde contamos as nosas actividades e servizos vencellaos ao cómic, contaremos con voluntarios, organizaremos algún taller… Fonte http://bijcomic.blogsome.com/2010/07/16/vinetas-desde-o-atlantico-2010/

[+]info:
http://corunacity.com

568 dias 10 horas 16 minutos 19 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.