Xa está en marcha a XIII edición de Viñetas desde el Atlántico 2010, o festival da banda deseñada da Coruña. Será do 9 ao 15 de agosto de 2010. EXPOSICIONS Kiosco Alfonso (Jardines de Mendez Núñez 3, Bj) Exposicións de: Dave McKean, Carlos Pacheco, Émile Bravo, Raule / Roger e Víctor Rivas. Palexco (Avda. Asociación de la prensa s/n) Exposicións de Clásicos de Prensa, Camille Jourdy e Esqueletes. Palacio municipal (Plaza de María Pita 1, Bj) Exposición de Will Eisner, comisariada por Denis Kitchen. Salvador de Madariaga (Calle Durán Loriga 10, Bj) Exposición de Daniel Montero, premio Castelao BD 2009, e "Galimatías" / El Patito Editorial. Aquarium Finisterrae (Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, Bj) Exposición "Cidades Asolagadas". INVITADOS Dave McKean Creador de "Arkham Asylum " e "Cages ", obras de referencia dentro do mundo do cómic Carlos Pacheco Un dos grandes debuxantes de superheroes de todos os tempos cuxos lápices deron vida a personaxes como Superman, Batman, X-Men e moitos outros. Émile Bravo O autor que redefiniu a orixe de Spirou expón na Coruña unha selección das súas obras. Roger Ibáñez O debuxante barcelonés preséntanos na Coruña unha exposición onde non faltarán mostras do seu personaxe máis coñecido: Jazz Maynard. Raule Un dos guionistas máis prolíficos do noso país contará cunha exposición onde nos amosa o resultado das colaboracións co seu amigo Roger Ibánez, con es... Denis Kitchen Debuxante, guionista, editor, empresario e nexo de unión entre novas e vellas xeracións de autores de cómic nos Estados Unidos. Camille Jourdy Camille Jourdy, premio Autor Revelación do festival de Angoulême, alcanzou o recoñecemento de crítica e público coa súa triloxía "Rosalie Blum ". Victor Rivas O coñecido autor galego achegará, entre outros, o seu personaxe Harry Pórrez aos máis pequenos. Dani Montero Dani Montero gañou a edición 2009 do premio "Castelao" de banda deseñada, convocado pola Deputación da Coruña, coa obra "Sen mirar atrás". + info na web oficial do evento vinetasdesdeoatlantico.com
[+]info:
http://corunacity.com