If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Operativo conxunto contra o furtivismo na Ría do Burgo (A Coruña)

Un operativo conxunto contra o furtivismo na Ría do Burgo sáldase con 7 persoas identificadas e coa incautación de varios útiles. O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, liderou esta madrugada unha operación conxunta contra o furtivismo que se saldou con 7 persoas identificadas e coa incautación de 4 forquitas, 4 pranchas de poriespán, 2 capachos e 2 raños. Ademais os axentes comisaron 50 quilos de ameixa babosa, que foi resembrada na zona. Este operativo realizaouse en coordinación cos efectivos da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía (UPA), da Garda Civil de Oleiros , do Servizo Marítimo da Garda Civil, e do Corpo Nacional de Policía da comisaría da Coruña. Ademais esta mañá os axentes de Gardacostas expulsaron a 6 persoas que se atopaban traballando na zona e levantaron unha acta de infracción. Os inspectores da Xunta atopábanse na zona de Portiño realizando unha inspección e desprazáronse ata a Ría do Burgo tras recibir unha chamada dos mariscadores da zona informando de que había furtivos na ría. Outros operativos na zona Entre os meses de xuño e xullo, o Servizo de Gardacostas en coordinación cos corpos e forzas de Seguridade do Estado, identificou a 42 persoas, incautouse de 136 aparellos e 498,5 quilos de distintas especies de marisco en diferentes operativos realizados na Ría do Burgo Fonte xunta.es

[+]info:
http://corunacity.com

651 dias 8 horas 38 minutos 11 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.