A creatividade dos arteixáns e as súas dotes como enxeñeiros poñense a proba novamente coa chegada da XXIII Regata de Embarcacións Caseras, que, como cada agosto, chega á praia de Suevos para demostrar que a navegación está ao alcance de todos, ainda que sexa dun xeito moi particular. Dende as 17:00, os participantes nesta particular regata tratarn de completar o percorrido dende a praia ao porto de Suevos- , unha particular travesía na que cada participante aportará toda a súa imaxinación, posto que participarán embarcados nas súas propias creacións. A organización establece unha serie de premios para os participantes: Á embarcación mellor deseñadaÁ embarcación máis orixinalAo primeiro clasificadoAo participante máis novoAo participante máis velloPremios especiais. Todos eles, eso si, comdicionados a que os premiados completen o percorrido. Os interesados poden inscribirse no local do Club Náutico Langosteira, de forma gratuita para os socios ou abonando os 5 euros de inscrición se non se forma parte do clube. Fonte Concello de Arteixo
[+]info:
http://corunacity.com