Búscanse vítimas da represión franquista en A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral. A Comisión pola Recuperación da Memoria Historica pide a colaboración de familiares para completar a primeira relación, aportando novos nomes de datos. De momento contan con máis de 440 nomes de persoas asasinadas ou desaparecidas polo franquismo entre 1936 e 1977. O proxecto lévase a cabo coa colaboración do Ministerio da Presidencia, da Deputación da Coruña e dos 10 Concellos da área. A Comisión pola Memoria Histórica insiste na necesidade de reparar a honra das vítimas, identificar e localizar as fosas comúns nas que repousan algúns corpos e eliminar dos rueiros, vías e prazas os nomes que supoñan a glorificación da ditadura. Así o resumiu o presidente da Comisión Manuel Monge nun acto celebrado en San Marcos (Fene) para conmemorar o centenario do mitin agrarista celebrado nese lugar hai 100 anos. Proxectouse o documental "Afranio" no que Luis Tosar interpreta o papel de Antón Alonso Rios, fuxido tras o golpe de estado de 1936. Noticia original memoriadacoruna.com
[+]info:
http://corunacity.com