If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

XV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información Venres 3 de setembro, Hostal dos Reis Católicos, Santiago de Compostela O COETG e a AETG organizan a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Congreso FITCE A Súa Alteza Real o Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón y Grecia, preside o Comité de Honra do 49º Congreso FITCE Desde a Asociación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG- COETG) estamos inmersos na organización da décimo-quinta edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, punto de encontro dos profesionais das telecomunicacións, das novas tecnoloxías da comunicación e da sociedade da información. Ademais este ano, con motivo da celebración do Xacobeo 2010, estamos a preparar tamén a 49 edición do Congreso FITCE, o simposio internacional das TIC, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. A coincidencia e organización conxunta de ambos eventos motivou que por primeiro ano, tras as súas numerosas edicións, a Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, se traslade do seu marco tradicional, o Gran Hotel da Toxa, á cidade compostelá. O Hostal dos Reis Católicos é o escenario elixido para a súa celebración que terá lugar o próximo 3 de setembro, venres. (c) www. aetg. org

[+]info:
http://corunacity.com

525 dias 15 horas 3 minutos 18 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.