If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

A Rede de Escolas Infantís A Galiña Azul inicia novo curso escolar

O novo curso na Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul arrancará este mércores día 1 de setembro con 5.964 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos matriculados nos centros das catro provincias galegas. A oferta actual da rede ascende a un total de 120 centros, 13 máis que no mes de setembro do ano pasado, e xunto co cheque infantil, os centros municipais subvencionados e os de iniciativa social o total de prazas de escola infantil sostidas con fondos públicos no curso 2010-2011 ascende a 15.400. Así, ao longo do primeiro semestre de 2010 o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar puxo en funcionamento novas escolas nos concellos de Ferrol, Marín, Vilagarcía, Silleda, Cotobade, Foz, Ares e Ames e incorporou á rede a de Quiroga, ata entón xestionada polo concello. Ademais desas aperturas, no inicio deste novo curso a rede conta con catro centros novos que abren as súas portas o 1 de setembro. Eses centros son a escola infantil de Barro, con 61 prazas; a escola infantil de Cangas-O Hío, con 74 prazas; a escola infantil de Chantada, que con 41 prazas xa estaba a ser xestionada polo concello e pasa agora á rede A Galiña Azul, e a escola infantil do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, con 32 prazas. En total, as escolas da rede, o cheque infantil, os centros municipais subvencionados e os de iniciativa social elevan a oferta de prazas sostidas con fondos públicos ao comezo do curso 2010/2011 a 15.400. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar aproveitou ademais os meses de verán para acometer obras de mellora ou reforma nas escolas de Oleiros-A Canteira, Rianxo, O Valadouro, Vilamarín, Pereiro de Aguiar, Cerdedo, O Grove, Moraña, Tomiño e Portas, cun investimento total de 397.696,38 euros. Preinscripción aberta en novos centros Ademais do inicio de curso nestas 120 escolas infantís, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar abriu este mes de agosto o prazo de preinscripción e matrícula en oito escolas infantís que entrarán en funcionamento nos próximos meses. Así, ata o vindeiro 10 de setembro poden presentarse solicitudes para as novas escolas de A Coruña-Monte Alto, A Coruña-Parque de Eirís, Mos-Coto Torrón, Pontevedra-A Parda, Pontevedra-Universidade, Sada, Santiago de Compostela-Tras Parlamento, e Vigo-Valadares. Os lugares de presentación e a documentación requerida poden consultarse na páxina web www.igualdadebenestar.org. As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o próximo 17 de setembro e, tras un prazo de reclamacións e a publicación das listas definitivas, a matrícula nestas escolas infantís formalizarase do 5 ao 15 de outubro. Cara ao 2011, a planificación contempla a construcción e entrada en funcionamento doutras 25 escolas infantís. O incremento de prazas 0-3 sostidas con fondos públicos é unha das actuacións recollidas no Plan de Actuación Social 2010-2013 co obxectivo de crear nesta lexislatura un total de 4.500 e de achegar deste xeito a oferta á ratio de cobertura do 33 por cento recomendada pola UE. Adaptación á vida escolar En canto ao desenvolvemento da actividade neste novo curso nas escolas infantís, na planificación dos primeiros días os profesionais están a ter en conta as características dos nenos e nenas de cada escola, é dicir, se se incorporan por primeira vez ao centro ou se volven dun periodo de vacacións. Neses casos, a incorporación faise de xeito paulatino comezando cunhas xornadas compartidas cos pais ou nais e incrementando progresivamente o número de horas de asistencia. Esa adaptación non é tan necesaria no caso de nenos que xa estaban a asistir á escola no mes de agosto. Fonte xunta. es

[+]info:
http://corunacity.com

630 dias 8 horas 26 minutos 43 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.