As Xefaturas Provinciais de Tráfico da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a ONG Stop Accidentes e as Universidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela convocan por quinto ano consecutivo o Concurso de Iniciativas Universitarias "Por unha mobilidade segura", en que colaboran a Dirección Xeral do Sistema Universitario de Galicia, a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Audasa S.A. e o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia. Este concurso pretende implicar a comunidade educativa universitaria a colaborar activamente no desenvolvemento de iniciativas ou proxectos relacionados coa seguridade viaria que sirvan para contribuír a unha mobilidade máis segura. No Concurso poden participar todos os estudantes matriculados nalgunha das universidades galegas ou na UNED.Os traballos ou proxectos que se presenten deberán desenvolver iniciativas ou ideas relacionadas coa seguridade viaria que contribúan a unha mobilidade no tráfico máis segura. O prazo de presentación dos traballos finaliza o 12 de novembro de 2010.Os autores dos 3 traballos premiados recibirán 1.000, 750 oo 500 euros segundo sexa o 1º, 2º ou 3º premio, ademais dun ordenador portátil cada un.Toda a información sobre o V Concurso pode consultarse en www.stopaccidentes.org e www.dgt.es e nas Xefaturas de Tráfico situadas en Galicia. Via udc.es
[+]info:
http://corunacity.com